Susana Iglesias, nova alcaldesa do concello do Irixo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A portavoz do Grupo Municipal de XUNTOS POLO IRIXO Susana María Iglesias e o portavoz do Grupo Municipal do PSOE Iago Fariñas materializaron hoxe en pleno a súa moción de censura conxunta contra o alcalde do PP, Manuel Cerdeira. O acordo que non conseguiron para a investidura lográrono tres meses despois, asegurando que foi a veciñanza a que decidiu cos seus votos que quería maioritariamente un cambio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Deste xeito, Susana Iglesias será a alcaldesa os tres primeiros anos e Iago Fariñas o cuarto ano, ademais de ser o portavoz do goberno. Fariñas deu a noraboa a que será a súa compañeira en coalición.

Pola súa banda, o alcalde saínte, Manuel Cerdeira, asegurou que terán a súa colaboración, aínda que criticou que non se respetasen os cen días de goberno e agarda ver resultados dun goberno con grupos dispares.