![O titular do Goberno galego visita establecementos comerciais da rúa da Oliva](https://badalnovas.com/wp-content/uploads/2023/10/image_gallery-696x464.jpg)
Os clientes do comercio local galego xa poden descargar e utilizar o Bono Activa Comercio da xunta de Galicia. Cada persoa poderá descargar na páxina web www.bonosactivacomercio.gal un vale desconto de 30 euros para as compras realizadas nas tendas participantes, que xa suman máis de 4.000.
Os vales terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para o seu uso nunha aplicación móbil. Só se permitirá a descarga dun vale por persoa, e o importe reducirase en función do valor da compra. Así, as compras iguales ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros. O desconto será de 10 euros para compras iguales ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto chegará aos 15 euros.
No Carballiño, un total de 82 establecementos xa está adheridos, nos que se poderá utilizar para reducir o custo das compras.