Denuncia polo estado deficiente e risco viario nas obras de mellora e mantemento executadas na estrada de Beran

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Leiro, 18 de xuño de 2026. O Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro, a través dos seus concelleiros Manuel Rodríguez Vázquez e Pedro José González González, vén de presentar unha denuncia formal e urxente ante a Deputación Provincial de Ourense polo estado “manifestamente deficiente e perigoso” no que quedaron as obras de mellora e mantemento executadas na estrada que conecta o núcleo de Beran.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

​Os representantes socialistas cualifican a actuación de “auténtica chapuza” e alertan de que o resultado dos traballos supón un risco gravísimo para a seguridade vial de todos os veciños e usuarios da vía. Segundo explican dende o PSdeG de Leiro, o novo firme presenta un acabado totalmente irregular, con parches inconexos e, sobre todo, unha gran cantidade de grava solta acumulada tanto na banda de rodadura como nas marxes e curvas da calzada.

​”O estado no que a Deputación deixou esta estrada multiplica o risco de deslizamento de veículos e saídas de vía, afectando especialmente á seguridade de motocicletas e ciclistas, ademais de provocar o impacto de proxección de pedras contra os parabrisas”, sinalan os concelleiros, quen achegaron un completo dossier fotográfico co escrito para demostrar a nula adherencia e a rápida degradación que sufrirá a calzada coas primeiras chuvias.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Exixencia de responsabilidades e reparación inmediata

​A través do escrito oficial —tramitado de xeito telemático co número de rexistro REGAGE26e00057177297—, o PSdeG-PSOE de Leiro esixe á Deputación de Ourense que ordene de inmediato unha inspección técnica sobre o terreo por parte dos seus servizos profesionais.

​Do mesmo xeito, os socialistas solicitan que se obrigue de forma urxente á empresa adxudicataria, ou aos servizos de conservación correspondentes, á subsanación total das deficiencias mediante o varrido completo da gravilla solta e o reasfaltado correcto dos tramos afectados para garantir unha rodadura homoxénea e segura.

​Por último, dende o grupo socialista requiren que a institution provincial aclare baixo que expediente e con que partida orzamentaria se financiaron estes traballos, ante a sospeita de que poidan estar vinculados ao proxecto de ensanche da estrada OU-0307 Leiro-Caldelas ou a plans complementarios de conservación ordinaria. “Os veciños de Leiro e de Beran merecen infraestruturas dignas e investimentos serios, non parches defectuosos que poñan en perigo a súa integridade”, concluén.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------