O BNG de Castrelo alerta de que o concello quédase sen lancha de salvamento acuático

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

O BNG de Castrelo de Miño, a través dun comunicado, alerta da situación actual na que o concello quedou sen lancha de salvamento marítimo, xa que afirman que a que había está a ser reparada por un uso indebido. O comunicado é o seguinte:

“En Castrelo de Miño, o BNG detectou que o goberno do PP alugou a lancha de salvamento de Protección Civil a unha empresa privada que gañou unha licitación da Deputación de Ourense para a instalación dos pantaláns de saída da Coupe da Jeunesse celebrada en agosto do 2022. Dita licitación ascendeu a case medio millón de euros, polo que dende
o grupo nacionalista, entendemos que terían fondos de abondo para dispor de lanchas motoras que moveran os pantaláns río arriba.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cando se preguntou no anterior pleno ordinario, o tenente de alcalde do PP, e presidente de Protección Civil de Castrelo de Miño, dixo que había un contrato de alugueiro entre Protección Civil e a empresa licitada pola deputación para acometer as obras. Dubidamos da existencia dese contrato, e moito máis que estea informado por secretaría, dado que a propiedade da lancha é do concello de Castrelo de Miño, e Protección Civil non é quen para asinar ningún contrato de aluguer.

O uso indebido da lancha de salvamento de Protección Civil, ocasionou o estrago da mesma, motor queimado de forzar na tiraxe dos pantaláns, así como a estrutura danada e rota na quilla por empurrar coa mesma os devanditos pantaláns.

En Castrelo de Miño, estamos sen lancha de salvamento, dado que se ten que reparar, e ten que o pagar a agrupación de voluntarios de Protección Civil. Estamos a falar dunha lancha de salvamento acuático para emerxencias, que se usou incorrectamente. Unha lancha que foi Comunicado do BNG de Castrelo de Miño conseguida polo goberno municipal do BNG en 2016 e que o ilexítimo goberno acaba de escarallar por “alugarlla” a unha empresa para acometer unha obra.

O goberno descoñece que a lancha foi cedida dende vicepresidencia con uns fins claros e concisos. Para cambiar os fins, débese pedir permiso a vicepresidencia, dado que a maioría das adquisicións van asignadas a fondos europeos, e teñen que ser para o
uso que foron solicitadas.

A contratación dunha obra de tal envergadura (case 500 mil euros) xa contempla a instalación de todos os pantaláns e o uso de toda a maquinaria precisa, sen andar pedindo “préstamos” á agrupación de Protección Civil. Se querían alugar lanchas que llas alugaran ao Clube Náutico.

O tenente de alcalde minte, cando di que teñen un contrato de aluguer. E neste caso non vale que se presente un contrato feito hoxe con data de xullo do 2022, e asinado polo presidente de Protección Civil ou polo Alcalde e a empresa. É un ben municipal e precisa un contrato informado e asinado por secretaría municipal. O BNG de Castrelo de Miño, está solicitando no Concello, na Deputación Provincial e en Vicepresidencia da Xunta copia de todos os contratos e toda a documentación deste asunto, para esixir as
responsabilidades oportunas aos concelleiros e ao alcalde”.