Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No vasto panorama da literatura española, poucas obras rivalizan coa inmortalidade e a relevancia de Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes. Dentro desa epopea literaria atópase un pequeno pero significativo episodio coñecido como “El Retablo de las Maravillas de maese Pedro”. Aínda que aparentemente é unha comedia satírica da época cervantina, a súa mensaxe transcende os séculos e ecoa de maneira sorprendentemente vívida na sociedade española contemporánea.

Con todo, Cervantes non só presenta “El Retablo de las Maravillas” no libro Don Quijote de la Mancha, tamén nolo ofrece no entremés que títula El Retablo de las Maravillas. Nesta obra, Cervantes presenta unha alegoría da corrupción e do engano, mergullándonos nun mundo de mentira e perversión onde a falsidade e a hipocresía reinan supremas. A trama vira ao redor dun grupo de personaxes que mediante artimañas e disfraces tentan enganar aos habitantes de Algarrobillas -empezando polo alcalde, o gobernador, o concelleiro e o escribán- facéndolles crer que un retablo baleiro é en realidade unha marabilla digna de adoración.

Esta farsa revela as gretas dunha sociedade que se deixaba seducir polas aparencias e pola manipulación. Non sorprende que a mensaxe cervantina traspase as fronteiras do século XVII e poida verse como unha lección intemporal e un trasunto fidedigno da sociedade española coetánea.    

            A proliferación de pillabáns na nosa sociedade xustifica que este país estea repleto de retablos con ilusorias marabillas cos que nos manipulan e enganan. De aí que a confianza na clase política alcanzase niveis alarmantes de menoscabo. Os cidadáns, fartos de promesas incumpridas e anoxados dos escándalos de corrupción, contemplamos con escepticismo a aqueles que nos deberían representar e que en época electoral prometeron defender os nosos intereses.

            A falta de transparencia administrativa e a opacidade na toma de decisións gobernativas son moeda corrente no ámbito político. Os acordos de portas pechadas e a falta de rendición de contas socavan a democracia e minan a confianza da cidadanía nos seus representantes. As mentiras, as promesas falsas, os enfrontamentos ideolóxicos, a ausencia de mensaxes optimistas, a vitimización, as actuacións esperpénticas e, sobre todo, a marxinación dos problemas cidadáns nos discursos políticos e a vulneración na execución dos seus programas electorais, metamorfosean a clase política nunha profesión de egoísmo e de supervivencia persoal.

Aqueles pícaros gaioleiros que nos describe Cervantes trataban de conseguir diñeiro a conta do seu engano. Nos retablos políticos o que se trata de conseguir son os votos. No retablo cervantino non hai nada, pero tentan conseguir que os espectadores afirmen que ven cousas marabillosas -Sansón, ratos, leóns, touros, osos…- nun retablo que está baleiro. Chanfalla e a Chirinos ofrécenlles ao pobo unha función de monicreques, pero avísanlles que o teatrillo só poderá ser visto por aqueles que teñan o sangue limpo de calquera contaminación morisca ou xudía. É esa a razón pola que son as propias autoridades sociais -o gobernador, o alcalde, o concelleiro, o escribán- quen mesmamente afirman ver o que non ven, porque non existe, pero con tal de pasar por cristiáns non poden negarse a dicir que ven o que en realidade non ven. Por iso cando no momento da representación chega un furrier (oficial do exército) solicitando pousada para os seus soldados, todos os espectadores entenden que é outro personaxe máis do retablo. Porén, o oficial non toma en serio o que está vendo, polo que é aldraxado e acusado de xudeu inconverso. Deseguido, o furrier colle a espada para loitar e vingarse dos seus calumniadores, ao tempo que esnaquiza o retablo.

            O papel do furrier no entremés “El retablo de las maravillas” represéntao Don Quijote no “Retablo de maese Pedro”, no capítulo XXVI da segunda parte do libro Don Quijote de la Mancha. Aquí, maese Pedro utiliza un mono -o CIS daquela época- que se encarga de adiviñar o futuro, aínda que o mellor que adiviña é o pasado.

Será o mesmo maese Pedro quen se meta dentro do retablo para mover as marionetas que verán os espectadores, mentres fóra estará un mozo, criado seu, encargado de explicar as historias e os misterios de todas aquelas figuras. Mais cando se narra o momento en que don Gaiferos libera á súa esposa Melisendra, cautiva dos moros en Sansueña, e fuxen os dous sobre un cabalo perseguidos polos moros, don Quijote pretendeu axudar aos fugados, e  levantándose dixo en voz alta: “No consentiré yo que en mis días y en mi presencia se le haga  superchería a tan famoso caballero y a tan atrevido enamorado como don Gaiferos…Y diciendo y haciendo, desenvainó la espada, y de un brinco se puso junto al retablo, y con acelerada y nunca vista furia comenzó a llover cuchidas sobre la titerera morisma, derribando a unos, descabezando a otros, estropeando a éste, destrozando a aquel, y, entre otros muchos, tiró un altibajo tal que si maese Pedro no se abaja, se encoge y agazapa, le cercenara la cabeza con más facilidad que si fuera hecha de masa de mazapán…Finalmente, en menos de dos credos dio con todo el retablo en el suelo, hechas pedazos y desmenuzadas todas las jarcias y figuras…Alborotose el senado de los oyentes, huyose el mono por los tejados de la venta…hasta el mismo Sancho Panza tuvo pavor grandísimo, porque, como él juró después de pasada la borrasca, jamás había visto a su señor tan desatinada cólera” (Don Quijote de la Mancha. II parte. Cap. XXVI).  

Nestes momentos, os retablos políticos andan de xira por todo o país. O “Retablo das Marabillas” aparece nas carteleiras de espectáculos de toda España porque levamos inseridos plenamente en tres importantes eleccións: No País Vasco -recentemente saldadas-; en Cataluña -realizadas a pasada fin de semana-, pero cun goberno sen decidir; e en toda España -no próximo mes de xuño-. Os partidos políticos montaron os seus propios retablos das marabillas cos seus respectivos Tontonelos -os sabios creadores dos retablos- e a súa colección de marionetas. E deixando Algarrobillas, aparecen por cada núcleo urbano deste país, montando os teatriños das súas propias campañas electorais, os Chanfallas e as Chirinos, acompañados dos rabelíns, dos Gobernadores, dos Benitos Repollo e dos Juan Castrado. Publicítanse por todo o reino as representacións para que a asistencia sexa o máis populosa posible. A televisión participa activamente nestes grandes espectáculos, retransmitindo o gran carrusel ideolóxico ao que os protagonistas dos retablos nos invitan subir para ofrecernos as súas marabillosas estrataxemas. Os grandes puppetteers políticos -algúns deles como escapados dos Seis personaxes en busca de autor (Pirandello)-, agochados baixo as bambolinas engalanadas cos seus programas electorais, exhiben toda a súa habilidade e mestría tentando empatizar cos seus ferventes crentes ideolóxicos.  

Cada función soe ser insólita porque os actores-marionetas representan historias con promesas e sketchs con compromisos que só poden ver e entender os asistentes con ascendencia ideolóxica consolidada do partido -como no entremés de Cervantes só podían ver os cristiáns-, pero non así os ideoloxicamente ilexímos e críticos. No entanto, os críticos irreverentes e os ideoloxicamente heterodoxos, sendo conscientes de que as marionetas sobre o escenario tratan de timar aos asistentes con promesas imposibles de cumprir, comezarán a mofarse dos actores, abandonando a titiritada, como fixeron o furrier e Don Quijote nos respectivos retablos cervantinos.

Estou convencido, non obstante, de que non van faltar cidadás e cidadáns que, aínda sendo fieis ideolóxicos ás siglas do partido, se vexan asaltados polo escepticismo e pola desconfianza ante os monecreques que están sobre o escenario dos retablos en formas de promesas desfiguradas. E daquela pensen para si mesmos, ou digan aos cidadáns que teñen ao lado, o que Elisa lle dixo a Valerio no Avaro de Molière: “Temo moito amaros algo máis do que debera”.

Confrontación e combate

A corrupción converteuse nun asunto central e inherente a diversos sistemas políticos. Tamén á democracia. Por tal motivo, o tema da corrupción está sendo central en todos os retablos electorais. Saen á escena os escándalos de malversación de fondos, de subornos e nepotismo. Son recorrentes as críticas aos adversarios políticos, acusándoos de embarrar a política ou de desviar recursos que poderían destinarse a mellorar a calidade de vida da poboación pero que tomaron como destino os petos duns poucos privilexiados.

Todas estas actitudes traspasan as normas elementais da política e incitan a baixar ao ring do puxilismo. Pero para este combate o importante son as luvas, non a razón. A cidadanía é consciente dese problema e preocúpase da polarización extrema entre partidos e da falta de vontade para un diálogo construtivo. En lugar de buscar solucións consensuadas aos problemas que afectan á sociedade, moitos políticos prefiren aferrarse á súa ideoloxía de partido, alimentando a división e o enfrontamento. E así, máis que enviar nos debates mensaxes de colaboración, hai arengas, proclamas, alegacións xurídicas… Escasean os argumentos sobre a desafección política dos cidadáns e sobran discursos ideolóxicos para enardecer aos seus dogmáticos crentes.  

            Nas últimas representacións dos “entremeses” políticos, o retablo desprázase ao Parlamento e ao Senado, desde onde os Chanfallas e as Chirinos se enfrontan entre si lanzándose improperios, insultos e escarnios co tema central da corrupción. Corrupción propia e familiar. E o público, espectadores de sofá, asume entre sorrisos e algunhas gargalladas, a representación a distancia con frivolidade substantiva.

“Chanfalla: No se te olviden, Chirinos, mis consejos, principalmente los que te he dado para este nuevo embuste, que ha de salir tan claro como el último… Lo necesitamos tanto como el pan de la boca para tocar en los espacios que tardaren en salir las figuras del Retablo de las Maravillas.

Chirinos: Maravilla será que no nos apedreen.

Gobernador: Basta, que todos ven lo que yo no veo; pero al fin habré de decir que lo veo, por la negra honrilla.

Chanfalla: Esta agua, que tan rápida cae de las nubes, es de la fuente que da origen y principio al río Jordán. A toda mujer que toque en el rostro, se le volverá como de plata bruñida, y a los hombres, se le volverán las barbas como de oro.

Gobernador: ¿Qué diablos puede ser esto, que aún no me ha tocado una gota, donde todos se ahogan? Y, ¿si viniera yo a ser bastardo entre tantos legítimos?”

(Cervantes: El retablo de las maravillas)

            En sede parlamentaria, e mesmo nas intervencións nos medios de comunicación, hai unha percepción manifesta de que os políticos, en xeral, constatan a súa falta de ideas e de cultura transgredindo, ou simplemente ignorando, normas a que apelar nas súas discusións. As normas, como dicía Ortega y Gasset, son os principios da cultura. Non hai cultura cando non existe acatamento de certas últimas posicións intelectuais a que referirse na disputa. Ter ideas é crer que se posúen as razóns delas, e, por tanto, crer que existe unha razón, un mundo de verdades intelixibles, uns criterios de certeza, etc… Cando falta todo isto, non hai cultura, hai barbarie. A barbarie é ausencia de normas e de posible apelación.

            Non debemos esquecer que a política descansa sobre a vida en común, o que Aristóteles denominaba “benevolencia”, e non sobre o enfrontamento e o conflito. “A fonte de todas as institucións é a benevolencia, ese sentimento que arrastra ao ser humano a preferir a vida común; e sendo a finalidade do Estado o benestar dos cidadáns, todas as institucións non procuran senón a afianzalas“ (Aristóteles: A política. Lib. III; cap. V). Terían que ler máis a Aristóteles os nosos políticos e políticas porque esa última frase de Aristóteles non parece corresponder á situación actual da política española.

Ao reflexionar sobre a situación actual da sociedade española é difícil non ver paralelismos nas referencias á farsa da corrupción e á crise de confianza co mundo descrito por Cervantes en El retablo de las Maravillas e no Retablo de maese Pedro. Os personaxes da obra, en especial os líderes políticos e empresariais, disfrázanse a miúdo de virtuosos, mentres ocultan as súas verdadeiras intencións tras unha farisaica fachada de rectitude. Cervantes describe unha auténtica metáfora da corrupción política, dos escándalos financeiros e da falta de transparencia das institucións públicas que erosionan a confianza dos cidadáns no sistema democrático.

 Sapere aude

“Ahora acabo de creer lo que otras muchas veces he creído: Que estos encantadores que me persiguen no hacen sino ponerme las figuras como ellas son delante de los ojos, y luego me las mudan y truecan en las que ellos quieren. Real y verdaderamente os digo, señores que me oís, que a mí me pareció todo lo que aquí ha pasado que pasaba al pie de la letra” (El Quijote. II parte, cap. XXVI)

            Don Quijote decatouse da falsidade que se escondía detrás daqueles retablos ao ver “que lle poñían figuras diante dos ollos que logo cambiaban noutras ao seu capricho”. E pensou que todo aquilo se debía ao interese dos manipuladores dos fantoches que circulaban polo escenario. Así entendeu que a mellor maneira de actuar era esnaquizar toda a montaxe daquela farsa. Pero antes debía destapar ante os asistentes as artimañas e trampulladas dos seus creadores, pois desa forma os asistentes reflexionarían e poderían colaborar con el rebelándose contra aqueles esperpentos das marabillas.

A solución a un problema comeza polo seu coñecemento. E se cremos ser manipulados política ou socialmente, debemos empezar por coñecer as claves da manipulación. Sapere aude, dicía Kant, atrévete a coñecer, atrévete a pensar. Esa foi a clave da Ilustración do século XVIII. Unha sociedade ben informada, unha cidadanía que pensa, non se deixará manipular. Non obstante, as emocións suplantan con frecuencia á razón e, nese caso, somos os mesmos cidadáns quen nos deixamos enfeitizar por eses marabillosos retablos. E tragamos as súas trolas para que non nos consideren apóstatas da ideoloxía. Do mesmo xeito que nos retablos cervantinos se vén historias que non poden ser vistas por fillos bastardos ou por xente de sangue non puro, é dicir, por todo aquel que non fose vello cristián e tivese ascendencia moura ou xudía -tan de acordo cos estatutos de limpeza de sangue da época-, agora as historias dos novos retablos só poden ser entendidas, vistas e defendidas polos que participen da mesma ideoloxía dos actores. A nova relixión social é a ideoloxía.

A necesidade dun espertar colectivo e dunha rebelión persoal como a de Don Quijote contra aqueles quiméricos retablos, pon de relevo a existencia da vulnerabilidade da verdade nun mundo dominado pola tiranía da manipulación, da publicidade e do oportunismo. Xa o advertía Ortega y Gasset no que el denominaba “hombre-masa” -que era a gran maioría social vítima da farsa política-, pois “el imperio del hombre-masa sobre la vida pública llena a esta de vulgaridad intelectual” (La rebelión de las masas).

Na sociedade española contemporánea, a verdade converteuse nunha mercadoría escasa, eclipsada pola proliferación de noticias falsas e pola distorsión dos feitos. Como resultado, a capacidade de discernir entre o auténtico e o manipulado vese comprometida, deixando á poboación nunha situación vulnerable á influencia daqueles que buscan explotar a súa inxenuidade. As expectativas dunha renovación social a pesar das sombrías reflexións que suxire ese “Retablo das marabillas” ofrecen un raio de esperanza en forma dunha pretendida revelación moral por parte da sociedade e dunha reclamada rexeneración. A sociedade española ten a capacidade de espertar colectivamente do seu letargo esixindo aos políticos, aos empresarios, aos medios de comunicación e a toda a cidadanía un cambio ético e real. Deste xeito, a democracia sairá reforzada.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Artigo:” Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida””

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.