As agrupacións de Protección Civil e os Ges levan realizados máis de 43000 servizos durante a crise do coronavirus

AS AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL E OS GES DA PROVINCIA E OURENSE LEVAN REALIZADOS MÁIS DE 43.000 SERVIZOS DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

  • A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, mantivo unha videoconferencia para agradecerlles ao persoal destes colectivos o seu labor desinteresado para axudar a paliar as consecuencias da pandemia
  • Este traballo, realizado por 540 voluntarios de 69 das 73 agrupacións da provincia, consiste en operativos de labores de desinfección, apoio aos servizos sociais en atención a persoas maiores e reparto de alimentos e medicamentos
  • Durante a emerxencia sanitaria tamén colaboran oito dos nove grupos de emerxencias supramunicipais ourensáns fundamentalmente en labores de limpeza de lugares de pública concorrrenci

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

  • A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliñou o gran labor que están a desenvolver os grupos de emerxencias supramunicipais, os servizos municipais de Protección Civil (GES/SMPC) e as  Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) durante a crise do coronavirus para “axudar á contención da Covid-19 nos concellos rurais” e puxo en valor esta contribución.  Fíxoo durante unha reunión que mantivo por videoconferencia con responsables de oito agrupacións da provincia, na que tamén participaron o xefe territorial da Vicepresidencia, Manuel Pardo, e o xefe de servizo de Emerxencias, Olivier Reboredo. Na xuntanza telemática estiveron representadas as AVPC de Manzaneda, O Pereiro de Aguiar, Cortegada, Ribadavia, Maceda, Sarreaus, San Cristovo de Cea e Verín.

Díaz Mouteira incidiu en que durante esta crise sanitaria mobilizáronse máis de 540 voluntarios de 69 das 73 AVPC ourensás e o persoal de oito dos nove  GES/SMPC que existen na provincia de Ourense que están realizando labores de desinfección, apoio aos servizos sociais en atención a persoas maiores, reparto de alimentos, etc.

Case 39.000 operativos

Entre o total de operativos efectuados polas AVPCs ata o día de hoxe, cifrado en 38.804 labores, a delegada territorial subliñou os de asuntos sociais concretamente os 9.811 repartos de alimentos e medicamentos en 70 concellos, así como os 9.828 de visitas a persoas que viven soas para comprobar o seu estado. Tamén puxo en valor a labor de desinfección que estas agrupacións, en coordinación coas brigadas de Medio Rural, bombeiros do CIS e os bombeiros do parque municipa de Ourense, desenvolta en 118centros sociais. Os menos numerosos son os de información a persoas sen teito, os de aviso a poboación por megafonía ou os de apoio loxístico a medios de intervención.

No caso de GES/SMPC, nos que participaron todos os existentes na provincia agás o do Barco de Valdeorras, destacan os operativos de desinfección en lugares de pública concurrencia que acadaron a cifra de 2.318.

Segundo recalcou Marisol Díaz, estas agrupacións constitúen un referente na nosa sociedade, xa que o seu traballo merece un continuo recoñecemento por parte dos cidadáns. A este respecto, a representante da Xunta en Ourense referiuse ao importante papel desempeñado por estes voluntarios e voluntarias durante este período de emerxencia sanitaria provocado pola Covid-19, ademais de outros operativos na busca de persoas desaparecidas, intervencións en accidentes ou mesmo nos incendios forestais.

A delegada territorial agradeceulles o seu labor “calado e desinteresado” que os converten nun piar indispensable da sociedade.