O Bng de Ribadavia pide ao goberno municipal que explique por que non se presenta a diversas convocatorias de subvencións

NOTA INFORMATIVA DO BNG DE RIBADAVIA:

Por parte do goberno municipal proponse a seguinte moción de urxencia para o pleno de hoxe:

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o BNG imos votar a favor desta moción xa que as administracións públicas teñen a obriga de asistir aos concellos na prestación dos servizos públicos baixo principios de equidade e obxectividade.

De feito, no primeiro pleno deste mandato, en xullo de 2019 presentamos sendas mocións demandando un plan único de fondos da Deputación provincial de Ourense para os concellos e unha reforma das bases de financiamento local que acabe co infrafinanciamento dos concellos galegos.

Pero o goberno local non se pode limitar a pedir axudas directas, o goberno ten que xestionar, e mentres que en xullo e setembro pasado, o Diario Oficial de Galicia publicou sendas convocatorias de subvención a concellos para a realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga,  e para a realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220708/AnuncioO143-230622-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220907/AnuncioO143-240822-0001_gl.html

Non se solicitou desde o goberno do Concello de Ribadavia ningunha destas axudas, das cales xa se publicaron as resolucións correspondentes.