Achado importante no Castro de Santa Lucía en Castrelo do Miño

Durante os traballos de escavación no Castro de Santa Lucía no Concello de Castrelo de Miño o pasado 14 e 15 de febreiro saíron á luz unha serie de estruturas que cremos poderían corresponder cos muros da capela de Santa Lucía á que moitos veciños fan referencia pero da que non se coñecía a localización exacta no xacemento.

Os restos atopáronse na nova zona de escavación situada no sur do denominado sector 2. Os muros localizados teñen unha orientación este-oeste cunhas dimensións de 90 cm de ancho, o que nos fai pensar nunha obra de maiores dimensións que as propostas nun principio. Ademais parte dos muros presentan un enfuscado ou encalado interior e localizouse parte do enlousado orixinal desaparecido nas zonas interiores da estancia, posiblemente retirado unha vez a capela entrou en desuso e reutilizado noutras construcións.

AVANTAR ACTIVIDADES

As primeiras referencias escritas que temos desta construción remóntanse ao ano 1721 recollido nos libros de contas da Cofraría de San Sebastián de Astariz e que corresponden aos gastos da obra da ermida de Santa Lucia. As referencias coas que contamos fálannos da destrución da capela a comezos do século XX.

megalitica castrelo castro santa lucia