A comarca do Carballiño contará con dez novas Casas do Maior

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da orde de axudas para casas de maiores, a través da cal a Xunta creará 355 novas prazas de atención diurna para galegos maiores de 60 anos.

Esta nova orde creará 71 centros dos que 26 estarán en Ourense, a provincia que máis incrementará a oferta. A comarca do Carballiño pasará a ser a que máis casas do maior dispoña de toda Galicia. Algunha das novidades desta convocatoria é que non terán que ter recoñecida ningunha discapacidade para acceder a elas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A inversión na comarca supera o medio millón de euros totais, ca creación de dez casas do maior novas: tres en Boborás, dúas en Maside, dúas en San Amaro, unha no Irixo, unha en Piñor e unha en Punxín. E no Ribeiro, tamén resultaron beneficiarios Ribadavia, Arnoia e Cortegada.