O Sergas vacinará a máis de cinco mil persoas entre a xornada de hoxe e a de mañá

Hoxe continuou a vacinación, en xornada de maña, nos grandes recintos e hospitais comarcais, coa primeira dose das persoas entre 50 e 59 anos ca administración da vacina de Pfizer.

Publicidade

Hoxe foron chamadas 2.550 persoas en Expourense, 380 no Hospital Público de Valdeorras e 330 no Hospital Público de Verín.

Mañá mércores están convocadas 2.550 persoas en Expourense, 380 no Hospital Público de Valdeorras e 330 Hospital Público de Verín.