Hoxe, cúmprese un ano da moción de censura que deu o goberno de Ribadavia ó PSOE e Ribeiro en Común

O PSdeG-PSOE e Ribeiro en Común presentaban o 8 de febreiro de 2021 por rexistro unha moción de censura contra o daquela alcalde, César Manuel Fernández Gil. Fai un ano, no día de hoxe, celebrouse o pleno extraordinario no que se aprobou este novo goberno. A concelleira socialista, Noelia Rodríguez asumiu a alcaldía, sendo a tenente de alcalde, Paula Rodríguez, de RenC. Deste xeito ambas formacións apostaban por un goberno de “cambio, progreso e feminista”.

Este mes, este novo grupo de goberno presentou aos grupos municipais a segunda proposta de Orzamentos dende o seu nomeamento como goberno, no que destaca un importante incremento de 600 mil euros respecto ao anterior exercicio.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello incrementa os Dereitos sociais, coa aprobación dunha Axuda mensual durante todo o ano para bens básicos das familias con menos renda e incrementa os investimentos cun Plan de obras de máis de 120 mil euros destinado a: Rúa Veronza en Ribadavia, Rúa Laxas- Curceiriño en Francelos, así como Santo André, Ventosela, San Paio e a Franqueirán.