Manuel Baltar e o produtor Alfonso Blanco selan o patrocinio da Deputación para a rodaxe da segunda parte de Cuñados

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Alfonso Blanco "Fosco" (Director da productora Portocabo) e do filme "Cuñados" e acomañdos de Aurleio Gómez Villar (Asesor de Cultura da Deputación Ourense)
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o director de Portocabo e produtor, Alfonso Blanco, selaron o patrocinio do goberno provincial para a rodaxe na provincia da segunda parte da comedia Cuñados. Unha produción “vinculada ao cen por cen con Ourense e, polo, tanto, un excelente vehículo de promoción do territorio”, sinalou Manuel Baltar tralo encontro que mantivo no Pazo Provincial co produtor deste novo proxecto.

Cuñados marcou unha época nesa aposta que estamos a facer polo cinema”, dixo Manuel Baltar, que expresou a súa satisfacción polos primeiros pasos dun novo proxecto audiovisual “que seguro terá o tremendo éxito que tivo a primeira parte e representará a ese Ourense no que cremos todos”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Falar novamente dunha película “que reúna eses ingredientes de ourensanismo e falalo cun produtor ourensán non só é unha fantástica noticia para o cinema, senón tamén para Ourense”, engadiu o presidente do goberno provincial.

Alfonso Blanco non só deixou constancia da súa satisfacción “polos primeiros pasos deste novo proxecto”, senón que tamén lembrou que cumpre así co prometido no Festival Internacional de Cine de Ourense de 2021. Daquela e trala estrea dun adianto da rodaxe, “dixen que si funcionaba a primeira parte de Cuñados poríamos en marcha a segunda; e aquí estamos de novo na Deputación poñendo as bases dun proxecto que tanto nos ilusiona”, afirmou o director da produtora Portocabo despois dunha reunión na que tamén estivo o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar. 

O inicio oficial da rodaxe da segunda parte da película comezará nos próximos días. E como obxectivo da produtora está o estreo da longametraxe nunha das galas da 28 edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. 

Unha comedia con estrea oficial en Ourense

Cuñados rodouse na segunda metade de 2020 en localizacións da comarca do Ribeiro, Allariz, San Cibrao das Viñas e a cidade de Ourense, lugares onde transcorría a historia, ambientada no mundo das bodegas. Ópera prima do director Toño López e primeira longametraxe da produtora galega Portocabo, a película tivo a súa estra oficial no Teatro Principal de Ourense o 4 de abril de 2021 e dous días despois en Madrid.

Con Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey como actores principais, ademais da participación das actrices Eva Fernández, Iolanda Muíños e María Vázquez, Cuñados narra as peripecias de Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán), que acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan moito diñeiro. Sabonis atopa a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Pero Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado.