Ribeiro en Común pide que o Concello garanta o uso das instalacións deportivas para o comezo da temporada no Xestal e no Pavillón de Maquiáns.

·       Comezado xa o mes de xullo, a garantía continúa sen executarse, e periga o inicio da temporada que ven no Xestal. Ribeiro en Común esixe que o Concello reclame inmediatamente a garantía á empresa adxudicataria para proceder ao arranxo do campo do Xestal e se garanta que o campo está arranxado para setembro. O noso grupo leva meses pedindo que o Concello o reclame a garantía xunto coa Deputación. A día de hoxe nada fixeron para resolver as graves deficiencias que ten a obra do campo do Xestal.

 Así mesmo, propoñemos unha modificación orzamentaria para abordar as mellora que Maquiáns precisa para o curso que ven.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro en Común propón hoxe no Consello Municipal de Deportes que o goberno local estea máis pendente da mellora das instalación, xa que comezado o mes de xullo a garantía da obra do Xestal continúa sen executarse e agora mesmo o Concello está poñendo en perigo o inicio da temporada en boas condicións.

As temporadas comezan a principios de setembro, e os entrenamentos en agosto, polo que parece evidente que o goberno non vai chegar a tempo de mellorar as infraestruturas deportivas de Ribadavia. Non vai chegar por falta de interese e deixadez, xa que o noso grupo e os usuarios levamos meses reclamando a mellora do Xestal, e sempre fomos ignorados.

Tanto os grupos da oposición como os usuarios do terreo de Xogo do Xestal temos denunciado o mal estado e reclamado o seu arranxo.

Este novo campo, que foi un investimento conseguido na lexislatura pasada, foi unha obra executada baixo a supervisión do actual goberno local, o cal non fixo o seu traballo correctamente.

Así,  inaugurado no inverno do 2019 tras unha obra  de 350.000 euros, e cunha duración que triplicou os prazos, atopase nun estado lamentable.

No Pleno de febreiro o noso grupo denunciaba o seu estado calamitoso. A reposta do goberno local foi ignorar a nosa reclamación. No paso pleno, de maio, fixemos o propio así como nos últimos Consellos Municipais de Deportes, onde a alcaldía nos respondeu que o seu estado era bo e que na época de confinamento se procedeu a pasar un rastrillo.

Ribeiro en Común leva desde a entrega da obra por parte da Deputación denunciando o mal estado da obra e que o Concello esixa a garantía.

A súa mala situación xa fora denunciado polo noso grupo, despois de recibir queixas de varios usuarios, pero a situación lonxe de arranxarse foi a peor.

Ribeiro en Común reclamou desde o principio do proceso que houbera supervisión e control da obra por parte do goberno e do Alcalde, pero no lugar de manter preocupación e facer seguimento deixaron que a empresa actuara sen supervisión nin política nin dos técnicos municipais.

O Alcalde tivo que recoñecer na última xuntanza do Consello Municipal de Deportes que existen erros no campo pero pedindo tempo coa esperanza de que se solucionarían sós.

Estes meses de bo tempo e calor  ven de comprobarse que os erros son dun maior calado do que o goberno pretendía recoñecer. Así,  técnicos consultados polo noso grupo non descartan que haxa que volver a levantar o terreo de xogo e renovar a capa de area existente por debaixo da herba sintética. A hipótese máis probable que se baralla é que a area empregada neste campo non fora a máis acaida para este uso.

O noso grupo pide transparencia ao respecto, xa que levamos meses reclamando a elaboración de informes técnicos por parte do departamento de urbanismo e do servizo municipal de deportes que o Alcalde negase a encargalos nin a facer públicos a existencia de outros informes técnicos, sexan da empresa concesionaria ou da Deputación provincial.

Ademais, no último Consello de Deportes a Alcaldía ocultou a visita de tecnicos da Deputación e segue ocultandollle o problema aos grupos e á opinión pública ribadaviense.Neste sentido, Ribeiro en Común  seguimos esixíndolle ao goberno que defenda os intereses do Concello na obra do campo do Xestal e non ampare os erros da empresa, polo que volvemos pedir que se realice unha reclamación ao respecto por ser o Concello parte agraviada.