Entrega dos premios da XXVII Cata dos Queixos e da XXIII Cata dos Meles de Galicia. Entre eles os meles “Terras de Boborás” de Johnny Trigás e Franscisco Janeiro de Feás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, definiu o queixo e o mel de Galicia como “un libro saboroso e doce da nosa historia”. Foi durante a súa intervención na entrega de premios da XXVII Cata dos Queixos e da XXIII Cata dos Meles de Galicia, que tivo lugar en Santiago de Compostela e que organiza a Xunta en colaboración cos consellos reguladores.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nesta liña, María José Gómez felicitou tamén aos participantes nestes certames e especialmente aos galardoados, asegurando que “ano tras ano se superan coa calidade dos seus produtos e llo poñen cada vez máis complicado ao xurado”. Asemade, agradeceu os compoñentes do panel de cata a súa contribución ao éxito destes concursos.

Ademáis de recoñecer os productos das diferentes Denominacións de Orixe Protexida e Indicacións Xeográfica Protexida, este ano introducíuse unha nova categoria, a que acolle a aquelas marcas adheridas ao selo de Artesanía Alimentaria.

Na cata de meles presentáronse 65 mostras, e e novo, entre os mellores meles de Galicia volve estar “Doce Bágoa ” a marca de Terras de Boborás, de Johnny Trigás e ubicada en Cameixa, que desta vez consigue o “Ouro”, no apartado de Artesanía Alimentaria de Galicia.

Ademáis, tamén conseguíu a “Prata” da Asociación Galega de Apicultura o productor de Feás, Franscisco Janeiro Labandeira, premiando neste caso o seu mel de castiñeiro.

Recoñecemento internacional

En relación coa excelencia destas producións, a conselleira sinalou que “temos os mellores queixos do mundo”, como se pon de manifesto cos recoñecementos que reciben nos diferentes certames internacionais do sector, algo no que, engadiu, “o mel non se queda atrás”. Reiterou o compromiso da Xunta no apoio a estes produtos, especialmente no que atinxe á súa promoción nos diferentes mercados, partindo sempre de que a súa calidade “é un feito diferenciador galego polo que hai que apostar”.Neste sentido, puxo de relevo as achegas e accións de promoción impulsadas pola Consellería con iniciativas como Experiencias de Calidade ou os mercados de Nadal que nestas datas percorren diferentes puntos de Galicia.

Sobre o peso do sector alimentario en xeral, e do queixo e o mel en particular, Gómez salientou que o pasado ano se produciron en Galicia preto de 6,5 millóns de quilos de queixo, cunha facturación de máis de 52,5 millóns de euros. No caso do mel, trasladou, foron case 170.000 quilos, cun valor económico estimado de máis de 1,5 millóns de euros. Polo tanto, concluíu, estas producións “son unha parte moi importante da economía de Galicia”, pero ademais representan “un eixo vertebrador da cultura, da gastronomía, da tradición e, en resumo, de todo o que conforma a idiosincrasia de Galicia”.