O grupo provincial socialista na Deputación de Ourense condena o “electoralismo” do presidente Luís Menor con respecto do transporte metropolitano

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo provincial socialista na Deputación de Ourense condena o “electoralismo” do presidente Luís Menor con respecto do transporte metropolitano e inquirirá no Pleno sobre o motivo da parálise do proxecto “malia dirixir o PP o goberno autonómico e provincial tantas lexislaturas despois”. O voceiro socialista na Deputación, Álvaro Vila, manifestou deste xeito a súa “sorpresa” ao toparse cun vídeo en redes sociais protagonizado polo presidente e a vicepresidenta da institución provincial, alcaldes de Pereiro de Aguiar e de San Cibrao das Viñas respectivamente, no que expresan a seu ánimo de poñer en marcha o transporte metropolitano que una os concellos próximos coa capital.

“Aínda fois máis grande a sorpresa cando en medios escritos constatamos a publicación dun artigo no que os presidentes da Xunta e da Deputación, Rueda e Menor, comprométense a implementar o transporte metropolitano, malia dirixir o PP o goberno autonómico e provincial tantas lexislaturas despois e estar durante todo este tempo nas súas soas mans esta posibilidade”, indicou Vila. “Estanse a rir dos ourensáns e da súa intelixencia, sendo eles o único factor de bloqueo do transporte metropolitano en Ourense, que é unha histórica reivindicación socialista na Deputación de Ourense e de concellos como o de Barbadás, que agora o PP pretende enarborar cunha única fin electoralista”, sentencia o voceiro do PSdeG-PSOE.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO