O Carballiño sobe ós 6 casos. Maside sobe ata os 7 e Boborás mantén 13. Cea conta cun positivo

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 27, unha cifra que se balance pola evolución de catro concellos.

No Carballiño, hoxe os datos soben dos 5 de onte ós 6 de hoxe. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, no mes de decembro. 

HIPER MASIDE

Boborás é o concello con mais casos da comarca e que se atopa no nivel máxima de restricións sanitarias. Hoxe os datos establecéndose nos 13 positivos, os mesmos casos ca dende o día 6 de marzo.

Maside tamén amosa certa preocupación, co aumento nesta semana, e que hoxe segue na liña de ascenso, pasando dos 6 ós 7 casos activos. San Cristovo de Cea pasa de non ter ningún caso a ter hoxe un positivo.

E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE