A Deputación de Ourense aproba axudas para diversos concellos da contorna

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión por un investimento próximo a 1 millón de euros en subvencións a unha vintena de concellos, entidades económicas, sociais e deportiva.

O Concello do Carballiño percibirá algo máis de 186.600 euros para a renovación das instalacións do campo de fútbol de Espiñedo. O Concello de Piñor contará con 12.000 euros para o V Rally Mix; e San Cristovo de Cea con 20.000 euros para o plan de dixitalización do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Ribeiro, Castrelo de Miño contará con 48.000 euros para a adquisición dunha nave de uso municipal; Cortegada, 15.000 euros para un documental sobre o camiño Miñoto-Ribeiro e Leiro, preto de 92.700 euros para as obras de humanización da rúa Casanova.