Roi Freixedo colga o ouro júnior e por equipos no Campionato Galego de Pistola e Carabina 10M da Laracha

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

66 tiradores disputan na Laracha o Campionato Galego de Pistola e Carabina 10M Masculino

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Campo de Tiro Olímpico da Laracha (A Coruña) acolleu este domingo a disputa do Campionato Galego de Pistola e Carabina 10M na categoría masculina, na que participaron 66 tiradores procedentes de toda Galicia. A competición feminina celebrarase en Eiroás o próximo domingo 18.

Roi Freixedo González (O Irixo, 2007), que se desprazou desde Barcelona, onde estuda, para participar, subiu ao podio e acadou o ouro na súa categoría, a Júnior. A medalla de prata viaxou a Ourense da man de Breixo García Rosa.

Ademais, Roi Freixedo tamén subiu ao podio xunto con Nico Fraga e Héctor Murado para conseguir o ouro en equipos de clubs.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------