Condolencias do Concello de Ribadavia polo falecemento de Ángel Pazos Huete

Ante a triste e repentina noticia do falecemento do letrado do concello de Ribadavia, Ángel Pazos Huete, desde o Concello de Ribadavia, queremos facerlle chegar toda a nosa solidariedade e agarimo nestes momentos tan duros á súa familia e amigos pola terrible perda do que foi un defensor dos intereses do concello.
◾️Ángel Pazos, tiña un gran talento, lealtade institucional, capacidade de traballo e profunda técnica intelectual; asistiu xuridicamente ao concello de Ribadavia durante case trinta anos, convertendose nun pilar fundamental para a institución; apoiando de xeito incondicional diversos procesos xudiciais.
◾️ Ángel, defendeu a profesión, foi receptivo a tódalas propostas; asumiu e se enfrontou a litixios de moita relevancia, defendendo os bens do municipio, acadando resultados moi positivos de asuntos de gran calado, e asumindo con humildade tódolos retos que lle chegaban.
◾️ Quenes o coñecian aseguran que era un profesional honesto, con conciencia social e comprometido coa defensa dos intereses dos seus clientes.
◾️ O persoal xurídico do concello de Ribadavia,
está a sufrir a súa perda desde o momento que se enteraron da fatal nova. Angel deixa unha pegada en todos eles, o labor conxunto e a súa xenerosidade como compañeiro, deixa unha profunda perda tanto no eido persoal como laboral.
◾️ Ángel Pazos, é irmán mellizo do coñecido actor, Sergio Pazos, o cal ten unha estreita vinculación coa nosa vila a través da Mostra Internacional de Teatro e que, participou ademáis de xeito desinteresado en actos de diversa índole no noso concello.
◾️Nestos momentos tan dificiles, decirlle que conta co apoio incondicional do concello de Ribadavia.
◾️ En nome do Corporación Municipal, queremos transmitir desde esta xanela nosas condolencias a toda a súa familia e seres queridos.
Enviamos toda a forza para poder afrontar esta difícil situación.
◾️ D.E.P ANGEL PAZOS HUETE ( 1965-2022). 🕊️