O Santo Encontro e as procesións dos Caladiños e do Santo Enterro amosan a devoción en Ribadavia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A veciñanza da capital de O Ribeiro conmemora dende mañá a Pasión e Morte de Cristo cunha serie de actos promovidos dende a parroquia de Santo Domingo e a Cofradía de Nosa Señora do Portal coa colaboración do Concello de Ribadavia. Así, este Xoves Santo, estará prevista unha celebración penitencial ás 11,00 horas na igrexa de San Antonio.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xa pola tarde, terá lugar na igrexa de Santo Domingo a Cea do Señor co rito do lavado de pés e o traslado en procesión do Santísimo Sacramento ao santuario do Portal, onde quedará instalado o monumeto. Ás 21,00 horas partirá da igrexa de Santiago a tradicional procesión “Dos Caladiños”, que percorrerá as rúas do casco histórico da vila. Na comitiva sairán os pasos de Xesús aranda no horto dos olivos, Criso atado na columna e o Ecce Homo. A xornada do xoves rematará cunha Hora Santa no santuario do Portal ás 22,00 horas.

O Venres Santo abrirase en Ribadavia ás 11,30 horas co Santo Encontro na Praza Maior, no que se lembra o camiño de Cristo cara o Monte Calvario cargando coa cruz. Alí poderán verse as imaxes do Xesús Nazareno, a Virxe das Dores, San Xoán Evanxelista e A Verónica.

Ás 18,30 horas celebrarase a Pasión do Señor na igrexa de Santo Domingo, e, ao seu remate, sairá a procesión do Santo Enterro coas imaxes da Virxe das Angustias, o Cristo Xacente e a Virxe da Soidade, para percorrer as rúas principais da capital do Ribeiro, co  acompañamento musical da banda A Lira.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------