A Xunta pon en valor a escultura homenaxe as mulleres galegas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe en Vilar de Barrio na inauguración da escultura colectiva Lieders coa que a Xunta colaborou cun apoio de 8.000 euros a través do programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. A escultura, un traballo do artista Lois Carrera, homenaxea ás mulleres e leva o nome de Lieders na honra do primeiro manifesto feminista de Galicia que foi escrito por Rosalía de Castro canto tiña 19 anos.

A través do programa que desenvolve o Concello de Vilar de Barrio, en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, desenvolvéronse diferentes obradoiros para educar na igualdade e na non discriminación por xénero. Editouse, ademais, un vídeo coa colaboración dos alcaldes e alcaldesas da comarca da Limia.

AVANTAR ACTIVIDADES

López Abella destacou o importante papel das mulleres na sociedade e sinalou que para a Xunta é unha prioridade seguir impulsando, da man de todas as administracións, programas de prevención e educación en igualdade para loitar contra a violencia de xénero.