Que mellor día como hoxe ( Día Nacional do Transplante ) para entrevistar o prestixioso cardiólogo e veciño de Carballiño Eduardo Barge Caballero.
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Medicina pola Universidade da Coruña.
Realizou a súa formación MIR en Cardioloxía no Hospital Universitario A Coruña, centro en cuxa Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada continúa exercendo.
Desde o ano 2014, o Dr. Barge coordina un estudo multicéntrico sobre o emprego de dispositivos de asistencia circulatoria de curta duración como ponte a transplante cardíaco en España.
Dirixiu 2 Tese Doutoral e publicou uns 50 artigos en revistas .
Publicacións de Eduardo Barge : No seguinte enlace podemos ver algunhas:
Na actualidade, o Dr. Barge é fellow e membro do Comité de Insuficiencia Cardíaca Avanzada da HFA da ESC e vogal das Xuntas Directivas da Sociedade Galega de Cardioloxía e da Sección de Insuficiencia Cardíaca da Sociedade Española de Cardioloxía. Ademais, é revisor habitual dalgunhas publicacións científicas como JHLT, JACC e Revista Española de Cardioloxía.
Para Badal Novas é unha honra poder entrevistar ao prestixioso Doctor.
