Manuel Pardo e a alcaldesa do Irixo, Rosa María Dalama, repasaron proxectos de interese para o municipio

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa do Irixo, Rosa María Dalama, para seguir impulsando conxuntamente distintos proxectos de interese municipal que competen a ambas administracións.

O delegado tivo a ocasión de tratar xunto a súa rexedora, temas prioritarios para o seu concello. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------