Gabriel Alén ensalza o nivel do deporte en Ourense na audiencia a directiva da real federacion española de hockey

O delegado territorial fixo un balance moi positivo da actividade deportiva en xeral que se está a desenvolver na provincia e destacou o bo momento que está a atravesar o hóckey provincial tanto a nivel de clubs, como a nivel organizativo tras acoller a cidade de Ourense o Campionato de España de Hóckey Sala e o Campionato de España de Hóckey Herba Seleccións Autonómicas Masculino e Feminino Sub. 14, cun excelente resultado.

Gabriel Alén non quixo deixar pasar a ocasión para subliñar o traballo do Club de Hóckey  Barrocás, polo seu labor diario a prol do deporte e do hóckey. Dende a súa orixe no ano 1990, no barrio ourensán de  Barrocás, este club foi sempre unha referencia de esforzo e superación que, partindo sempre da canteira,  levou o nome de Ourense entre a elite dos mellores equipos nacionais desta especialidade deportiva.

AVANTAR ACTIVIDADES