A Asociación da Memoria da Castela Galega pide que se tomen medidas para protexer o Parque Municipal e o río Arenteiro na celebración da Festa do Polvo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Comunicado da Asociación da Memoria da Castela Galega

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Solicitamos que se tomen medidas para protexer o Parque Municipal e o río Arenteiro na celebración da Festa do Polvo

Desde a Asociación Memoria da Castela Galega, estamos preocupados, como a maioria dos veciños de O Carballiño, polo deterioro constante sobre o parque e o río Arenteiro, especialmente no día da celebración da Festa do Polvo. Por iso propomos que se tomen as medidas necesarias, coa intención de paliar este deterioro no posible. Entre elas:

1.- Colocación de cartaces, chamando aos asistentes a asterse de materializar calquera acción que estrague o mato ou o plantio forestal, asi como, a contaminación das terras e das augas do río.

2.- Ano tras ano, as aguas do rio Arenteiro logo da celebración da Festa do Polvo, están tremendamente contaminas por aceites que son vertidos nelas. O manto de aceite que flota sobre as augas é espantoso. A contaminación que producen estes aceites no ecosistema é clara e comprobable. Sofren,moi especialmente , estas consecuencias todas as persoas ,vecinos e turistas ,na baño na zona de baño da Piscefactoria.

O Goberno Municipal debe colocar suficientes depósitos de aceites, para evitar que estes cheguen ás terras e especialmente ao río, comprobamos , en anos pasados, a presenza de aceites sobre as aguas, antes de ir río abaixo, mantense varias semanas no cauce do parque.

3.- Que se impida que os automóbiels invadan terreos do parque, para evitar o seu estrago.

4.- Que se evite calquera tipo de acción incivica prexudicial o ecosistema do Parque Municipal,(cintas de marcación,plásticos,basura en xeral non recollidas nas diferentes “parcelas” de celebración)

Por “Exemplaridade publica e decoro” e necesario reducir ao mínimo imprescindible os convites para o recinto, son privilexios que non veñen a conto, e gastos que saen dos petos de todos os veciños.

Concluimos, chamando a responsabilidade, para que desdes as autoridades públicas non se promocione o consumo de bebidas alcohólicas no parque municipal.Estas non deixan de ser unha”droga legal” de impacto tan negativo na saude e convivencia como as drogas ileais.

As autoridades municipaids son parte do estado ,como tales teñen competencia e deber de preserrvar o benestar dos cidadans do Carballiño

O Carballiño, 06/08/2026

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------