O concello executa o asfaltado do acceso a Arcos e coloca badéns para reducir a velocidade

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, anunciaba a finais do mes de xaneiro a execución das obras que xa foran adxudicadas o pasado ano, con cargo ós orzamentos do 2021. Estas obras consistirán en melloras no saneamento e no abastecemento e asfaltado, e nalgunhas zonas no cambio das beirarrúas. Permitirán acabar co acondicionamento das parroquias periféricas, coma Señorín, Seoane, Veiga e Arcos. As que se están a piques de rematar son as do Acceso a Arcos, na rúa Castelao, co asfaltado e ca creación de varios badéns para controlar a velocidade na recta.

Nesas mesmas zonas estase rematando co cambio de luminarias a sistema LED, o que supón unha gran mellora da calidade de vida pero tamén un aforro enerxético importante, sobre todo co incremento do prezo da luz. Recordamos que todas estas obras forman parte a cargo do remanente do pasado ano.

AVANTAR ACTIVIDADES