Militantes e simpatizantes do PSdeG-PSOE, desafiando á choiva, achegáronse na medianoite de onte ata a Praza Maior do Carballiño para participar na tradicional pegada de carteis que abríu a campaña para as Eleccións Xerais do vindeiro 29 de novembro.
Ademais de integrantes da Agrupación Local carballiñesa, ata a vila do Arenteiro tamén se desprazaron socialistas de Maside, O Irixo e Boborás, que encaran esta campaña “con ilusión, compromiso e moitas ganas de traballar” para que Pedro Sánchez sexa elexido de novo presidente do Goberno de España.

Entre os asistentes atopábase o carballiñés Manuel González Iglesias, membro da executiva local e que forma parte da candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense ao Senado por esta provincia. Tamén estiveron o secretario da Agrupación, Manuel Sotelo, e o voceiro na Corporación e deputado provincial, Diego Fernández, entre outros.
















