Asdifica visitará un local municipal na praza Corral Pajariño como posible futuro local

Publicidade ASPADISI

No último pleno no concello do Carballiño, Espazo Común levou unha moción de urxencia cedendo o seu turno de palabra á Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño (Asdifica), para que reclamasen o seu dereito a un local. Todos os grupos da oposición quixeron cederlle o seu turno de palabra. A moción non se levou a termo, pero o grupo de goberno permitiu que ó finalizar a sesión intervisen e explicasen
a súa problemática.

Nesta sesión falouse dun local de titularidade municipal ubicado na praza Corral Pajariño que agora mesmo está en desuso. Dende o Partido Popular buscaron a documentación existente deste espazo e puxéronse en contacto ca concelleira de Servizos Sociais, Guadalupe Sobrado, ca finalidade de concertar unha cita ca asociación para visitar o local.

HIPER MASIDE

O contar con este espazo, a vantaxe é que poderán acceder a outras subvencións das administracións para adecuar este local ás súas necesidades.