Feijóo aborda coa alcaldesa de Boborás a construción dun novo centro de saúde

anf manten unha reunion coa alcadesa de boboras

O presidente da Xunta reuniuse esta mañá coa alcaldesa, Patricia Torres

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, a colaboración da Xunta na construción dun novo centro de saúde.

AVANTAR ACTIVIDADES

Feijóo comprometeuse a trasladar á Consellería de Sanidade a posibilidade de encargar a redacción do proxecto construtivo en canto o Concello poña a disposición os terreos para a súa construción e cando as necesidades asistenciais así o confirmen. De levarse a cabo este proxecto, o edificio que ocupa o actual centro de saúde destinaríase a un espazo de coworking.

Así mesmo, na reunión abordaron a execución de diversas reformas no CEIP Nosa Señora de Xuvencos e, no eido das instalacións deportivas, Feijóo incidiu na inclusión no cadro de investimentos do proxecto para a construción da piscina pública no núcleo de Boborás. A Xunta aportará o 45% do investimento, mentres que a Deputación de Ourense financiará outro 45% e o Concello o 10% restante.

Durante a xuntanza, o titular do Executivo galego destacou a colaboración entre ambas administracións, coa entrega de material -máscaras, xel hidroalcólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais- para a loita contra a covid por parte da Xunta.