Galicia precisa sangue dos grupos 0 positivo, A negativo e A positivo e pide a colaboración cidadá

IES CHAMOSO LAMAS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fai un chamamento xeral á participación da cidadanía e, en especial, dos doadores dos grupos sanguíneos 0 Positivo, A Negativo e A Positivo.

As xornadas festivas unidas á situación actual da pandemia, afectan aos niveis de reserva dos distintos grupos sanguíneos, polo que é necesario reactivar a convocatoria permanente de doazón.

HIPER MASIDE

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza enfermidades transmitidas por sangue. Doar sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas resolver o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.

As diferentes unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue percorrerán estes días máis de 40 concellos galegos. Ademais, tamén se poderá facer no Hospital de Ourense, o luns dende as 15:00 horas ata as 22:00 horas e o martes, mércores e xoves dende as 08:00 horas ata as 15:00 horas.