Xente sinxela

Manuel Herminio Iglesias


Vivimos nun tempo no que todos os referentes  éticos e incluso morais esfareláronse e caeron ó chan como se fosen de barro. Polo que xa  temos  poucas persoas  e institucións públicas que nos sirvan de referencia e que sexan motivo de respecto e de certa admiración.

AVANTAR ACTIVIDADES

Polo que facendo un repaso podemos atopar que,  si  falamos do que acontece no eido da relixión o asunto non pinta nada ben. A nosa Igrexa sigue maiormente vencellada a un pasado político e agora atópase cunha sociedade que  vai por un camiño e ela por outro.  E cando se dilue  o obxectivo principal, por mor de moitas cousas mal feitas, a confianza na institución decae que é o que acontece hoxe. Se falamos da Monarquía menudo pufo teatreiro  o que se mantivo cun rei que seica era moi “campechano,” e con outro que non exerce de árbitro nos confictos poíticos.   Se falamos da xustiza, ademais de  ser lenta, ás veces,  ate parece cega, comenenciuda, parcial e  moi torpe. Máis eu quero cree nela, pero a fe comenza a decaer.  Se falamos dalgúns partidos  no que había moitas fabas podres, resultou que a podremia era un feito  institucional; se falamos do mundo do deporte a grande maioria dos xogadores que teñen certo  renome, e tamén as institucións  son uns  defraudadores;  se falamos de moitos grandes empresarios que aparecían como modelo de éxito e de traballo,  alguns aínda están na cadea; e se lembramos ós  youtubes, todos sabemos que fuxen pra paraisos fiscais co afan de defraudar ó fisco;   se lembramos  a  bastantes políticos, non todos, a merda sáelle por todas as costuras.  En fin, que a todo o dito hai que sumarlle a derradeira lea do tribunal Constitucional freando o traballo da Congreso onde reside a   soberanía popular e armando un conficto que veremos  que consecuencias trae.   E así  poderíamos seguir e seguir. Polo que,  grande maioría dos cidadáns,  non temos referentes ós que mirar e,  tomamos como modelo á xente sinxela, a esa que cumpre co fisco, que atura moitas falcatruadas e que, con moi pouco,  tenta vivir e ser feliz. Esa xente  que vive cumprindo coa sociedade e que se aferra ás cousas boas da tradición, mais non impide que esta sociedade evolucione. Se falamos da  saúde temos que lembrar ós profesionais da sanidade pública que loitan pra defendela dos que a ven como un negocio e non como un servizo básico necesario prara a sociedade.  E, como exemplo, ollamos  o que acontece na capital do reino onde o poder político ponse de lado e permite que un confito se alongue no tempo.

Agora que estamos no Nadal máis consumista dos últimos tempos,   onde as luces pretenden agochar moitos valores da nosa sociedade;  pois persiguen  cegarnos  ate facernos insensibles e pouco  reflexivos do que significou e debe significar este tempo, é un bo momento pra meditar. E facelo de maneira colectiva e individual. Pois esta nosa sociedade está a perder valores que antano eran fundamentais. O primeiro, o valor da solidariedade social. O segundo, o valor do esforzo  pra mellorar como persoas e como comunidade. E o terceiro o valor do humanismo e os dereitos que eso conleva.  Hoxe vivimos cheos de moito barullo. Vivimos agobiados polo  ruído incluso musical que en todos os eidos no avasalla. Vivimos pra consumir e non racionalizar; vivimos soamente pra disfrutar dunha maneira insana e en moitos casos antisocial. O individualismo invadiuno todo, e nada para os caprichos de moitos egos.

En fin, son consciente de que non todo tempo pasado foi mellor, mais as veces teño saudade de anos pasados, pois con menos eramos máis felices.

Ourense está cheo de luces un tanto horteras, está cheo de festas que organiza un concello que despilfarra cartos pra captar o voto dos máis novos. Mais  só se promociona a festa, e non a cultura. E así  podería seguir.  Dixen ó principio que a xente sixela é a base desta sociedade, e  ratifícome  no afirmado; pois nos estamentos  onde había que dar exemplo, so hai teatro que agocha moito fariseismo. Só hai intereses corporativos e  moita  mentira   e só se pretende aparentar. Reflexionemos sobre o que somos e cara onde imos como sociedade. Estamos no Nadal e é un bo tempo pra facelo. É un bo tempo pra facer balance e se cabe tentar correxir. Felices festas e que o 2023 traia paz e saúde,


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas