Nin Música nin Letra

Manuel Herminio Iglesias


Pasado o fragor e a subida de adrenalina polo terceiro posto acadado en Eurovisión,   parece acaído falar, sen apaixoamentos excesivos, das cantigas que se promocionan dende hai uns anos  nos festivais eurovisivos. E  como non da que representou a España. E comenzarei  afirmando que a música e a palabra sempre camiñaron da mán. Juan de la Encina, poeta e músico 1468-1529 de Fermoselle perto das terras galaicas,   empregaba os seus poemas, ós que lle poñía música,  cun obxectivo: mandar sempre unha mensaxe. Esta podía ser amorosa, moralizante, retranqueira,  pero  as súas cantigas sempre tiñan un sentido poético e unha mensaxe concreta. Ou sexa: a música e a poesía fúndinase nunha expresión artística. Nos tempos modernos  Bob Dylan, o dúo Simon and Garfunkel, e máis perto de nós  Aute, Serrat, Sabina  e outros cantautores  musicaron fermosos textos propios e de poetas. Textos   que contiñan unha mensaxe que superaba o feito estrictamente da diversión e dos efectos estéticos e, sobor de todo,   de imaxes cabaretísticas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende hai uns anos, a música camiña por vieiros  onde, a tecnoloxía, o invade case todo. E tanto é así,  que os interpretes parece que quedan relegados soamente para o espectáculo festeiro  de masas, anulando sempre a capacidade creativa, artística e sobre todo a de mandar unha  mensaxe positiva con contido que fuxa do banal e promocione o  artístico e  literario.

Pois ben, cinguindonos á cantiga que representou a España, esta é unha peza de consumo pra escoitar nas discotecas e  que ten un certo aire  cabaret onde, por riba da música e da inexistencia dunha  mensaxe con contido, o que funciona é o espectáculo visual e puramente estético no que a figura femenina ten un papel, eu diria sensual e  excesivo e pouco gratificante.

Non existe, non  pretende, lanzar unha mensaxe con contido: E  polo tanto é  unha peza bácua en sentido literario e poético. Unha cantiga que parece creada unicamente para  un espectáculo frívolo,  dirixido ás masas sen criterio nin obxectivos que non sexan os da diversión chocalleira. E quédome neso.

Anos atrás os festivais eran a fonte onde saían á luz  cantigas que amosaban unha mensaxe no texto. Saían á luz pezas que tiñan unha letra,  ou ben un refrán;  que tiñan valor  para  o devir diario das xentes.  Lembremos incluso o La La la: “Yo canto a la mañana que ve  mi juventud, y al sol que día a día nos trae nueva quietud. Todo en la vida es como una canción…”

Tamén lembremos festivais como o de San Remo ou o do Mediterraneo. Deles saíron cantigas sinxelas pero que alomenos tiñan un texto  e unha música que valía a pena escoitar e que perduraron na mente de varias xeneracións.. Mais, nos tempos que corren, o festival de Eurovisión convertiuse, na maioría das veces,  nuha reunión medio política onde a calidade artística esmorece ano a tras ano. Polo que música e poesía,  que sempre  camiñaron da mán, semella que perderon chance  diante a escenografía e que ambalas dúas  xa non se   precisan;  pois  unha música mecánica que soamente vale para mover o esqueleto, e ensinar o físico  invádeo todo. Polo que camiñamos nestes festivais cara unha tendencia que nos leva a  escoitar case sempre  cantigas ou pezas frivolas, pezas   que non teñen nin música nin letra que mereza a pena.

A música e a palabra sempre fixeron un bo matrimonio. Sempre tiveron un  sentido  lanzando ó vento proclamas e poesías que lle dan as cantigas o valor de perdurar no tempo. O demais roza o camiño do zumba zumba, da peza mecánica que non di ren, ou que incita valores que hoxe están cuestionados ou son negativos. Mellor, que só sirven pra practicar nos ximnaxios os exercicios mecánicos; que  de poesía cero, de mensaxe nada de nada e, como consecuencia,  de calidade artística tampouco.  E eso é o que ten a cantiga mentada.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas