Información de Tiruleque sobre o Circuíto Galego de Teatro Amador do Carballiño

A función que, programada para o pasado domingo 19, tivo que suspenderse, ponse de novo en cartel, logo de diversas negociacións.

Así pois todo parece volver a coller o camiño normal, polo que o Circuíto Galego de Teatro Amador, Patrocinado pola Xunta de Galicia – Xacobeo 21-22, que impulsa a nivel autonómico a Federación Galega de Teatro afeccionado e organiza na vila do no Carballiño Tiruleque, Grupo de Teatro, continúa o vindeiro domingo 26 de xuño a cargo de Paso de Valverde coa obra ULTRASÓNICA para público infantil, aconsellada para uns asistentes non maiores de 12 anos de idade.

AVANTAR ACTIVIDADES

 A representación será no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 6 da tarde, coa entrada de balde para os pequenos espectadores, que poderán contemplar as peripecias de Carolina e o seu amigo o alieníxena Pin, viaxando xuntos polo espazo e tendo mil aventuras.

Nesta ocasión a súa misión será recuperar a fonte de enerxía vital para a Terra que o malvado inter-espacial Rodas Tolas roubou en Nova Compostela. Para iso viaxará por distintos planetas para atopar as pistas que aos levarán ata o famoso criminal. Será capaz Carolina de recuperar a pedra máxica? Ou escachará o seu vello foguete no camiño? Peza de teatro que fusiona as video-proxeccións coas sombras chinesas nunha clave cómica e baseada na ciencia ficción.