Erro Histórico

Manuel Herminio Iglesias


O acontecido coa votación da reforma laboral hai uns días, ademais de sacar á luz trampas que lembran ó Tamallazo que hai  anos aconteceu  na Asamblea da comunidade de Madrid, pon de actualidade cuestións que poden pasar factura ós partidos que emitiron un voto  contrario a validar o  decreto  desa reforma. En primeiro lugar temos que lembrar  que  o Partido Popular,  dunha maneira clara e rotunda, afirmou   que,  cando tocara poder,  volvería a reformar esa lei e retrotraela a como estaba antes desta reforma que saiu adiante polo erro  dun deputado dese partido. Ou sexa, saíu polos pelos e veremos se o asunto queda como está.  Os populares e a  extrema dereita e os demais votaron conxuntamente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pois ben, diante o panorama dun acordo entre a patronal, os sindicatos e o goberno, a chamada esquerda  e o PNV optaron   por ir  contra os avances  que aporta a devandita reforma. E fixérono   porque non cubría as súas espectativas;  descartando absterse  que é o que parecía máis normal.

Segundo os grupos alcumados progresistas e de esquerdas incluíndo o BNG, a reforma quedábase moi corta  e era un pufo pois  non  chegaba a cumprir os obxectivos  e reivindicacións que istes esperaban. Mais na súa crítica  evitaban falar dos aspectos positivos que tiña. Ou sexa: que admitían e sabían   que  daba pasos positivos que melloran a vida laboral de milleiros de traballadores;  mais   ainda así votaron en contra.

Pois ben, se isto é así, e si o goberno descartou aprobala como proxecto de lei, no que caberían retoques e polo tanto modificacións ás que non estaba disposta a chegar a patronal, por qué a postura tan negativa? Que beneficios  lle aporta ós  grupos políticos que saben que, de non contar cos socialistas,  non van a cheirar poder nin a   chegar a gobernar en ningunha institución importante. Non sería máis oportuno optar por un pracmatismo político e votar abstención.  As veces costa moito  entender a vida política neste noso Estado. E dígoo  pois, cando existe a posibilidade dun acordo que teña duracion, impoñénse as posturas que non levan a ningures, Ou si, impoñense  as que  levan ó enfrontamento.  Vivimos nun tempo no que moitas forzas políticas non escoitan nin recollen o sentir da xente e da rúa. Grupos que viven nunha endogamia na que soamente se escoitan a si mesmos.   E así lles vai.  Claro que, o mellor, están moi comodos sendo sempre  oposición. Pois o feito de asumir  a realidade de gobernar trae moitos compromisos e contradiccións. Vivir ancorado  no non, e conformarse con ser un berro discordante  vale de moi pouco.  Na sociedade que vivimos ise  posicionamento   soamente    amosa debilidade e medo  a tomar posturas que teñen riscos. En fin, veremos se o voto en contra da reforma laboral  non lles pasa factura como  aconteceu no  veciño Portugal onde, a esquerda utópica,   provocou convocar eleccións.  Erro histórico por parte da esquerda e os nacionalistas incluíndo ó BNG.  Votando coa dereita e coa extrema dereita   contra unha  reforma que beneficia a milleiros de traballadores. E iso vanllo restregar na cara moitas veces. De pena.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas