Ourense, por riba das ideoloxías

Manuel Herminio Iglesias


A conversa era entre dous veciños votantes da dereita. Un dicíalle o outro: Viches o que din ises carteis? Si, din: SOS OURENSE.  E eso que quere dicir: pois que Ourense está pra entrar na UVI da residencia?  Coño!  E por qué? Pois, porque tanto o Concello como a provincia van cara  abaixo, ou sexa: estamos moi mal gobernados e cada día que pasa imos a peor. Non me extraña! No Concello din que temos a un que é un chisco tarabelo e seica anda a poñer todo patas enriba. E que mais di o papel? Pois di que o 18, este  xoves que ven,  hai que manifestarse e dicir que así non podemos seguir. Bo, eso non é pra min. Pois estás errado compañeiro. Agora, ó marxe das túas ideas, e a quen votes, hai que saír á rúa e berrar que por este camiño imos moi mal.  Pois logo irei contigo e esa manifestación.

AVANTAR ACTIVIDADES

O  alcalde  que temos non  ten patente de corso   pra facer o que queira e dilapidar os cartos públicos  contratando amigos e unha ringleira de asesores que actúan de comisarios políticos. Polo tanto, é o momento de dicir que os servizos están paralizados pola falla de xestión. Que se esta minusvalorando ós técnicos do concello porque non fan os informes que quere o alcalde; é que chegou  o momento de esixir respecto á institución municipal.  Polo que hai que  ter na alcaldía a unha persoa seria que sexa recibida e escoitada  nas demais administracións da Xunta e do  Estado,   cuestión que hoxe non acontece. Pois a este que temos ninguén o toma en serio.   Tamén é o momento de esixir que os plenos do Concello deixen de  ser  o programa de Sálvame, e que Ourense non pode ser o faime rir de todo o Estado. Son tantas as cousas  amigo que temos que saír a rúa a dicir que, goberne quen goberne, estará sempre  sometido a unha maioría, e que non pode facer o que lle ven en gaña ou o que cada día se lle ocorre, como tristemente acontece.

Lembras o que lle esixía  Jácome cando estaba na oposición os demais? Pois levaba a todos  ó xulgado sen probas e pedía dimisións. E agora de 27 concelleiros, 24 censúrano e non ten a vergoña de dimitir. Pero o mais curioso é que,  moitos dos que o censuraron agora axudan a mantelo no poder. En fin, o que pasa no Concello é un esperpento. Que o alcalde que temos é unha persoa carente da máis mínima ética e que xuntos os que o apoian  está a facer todo o contrario do que prometeu no seu día,  pois é unha evidencia. Que se  se ri dos que non o votaron e  dos que o votaron, tamén. Que  gasta os cartos do concello na súa televisión, el mesmo o di.  A ti compañeiro paréceche normal que se gasten en asesores case dous millóns de euros? Semella que no  equipo do goberno, uns están polo soldo e algún por facer caixa. En fin, chegou a hora   de saír á rúa,  e ó marxe da túa opción política e do que votes, amosar a nosa valentía en defensa deste Ourense que cae a cachos.   Pois moitos ourensás  sentímonos  enganados  ó ver que nada  bo  se fai e que imos cara abaixo como concello e como provincia. En fin,  pola dignidade da institución municipal  e porque queremos un Ourense mellor onde non se dilapiden os cartos  e teñamos mellores servizos; onde a cultura teña un espazo digno dentro da casa de todos; onde o respecto e a educación campen como debe ser nunha democracia,  o xoves  18 na  rúa e amosemos o noso malestar co que fai este   alcalde. Berremos que estamos fartos de tanta mediocridade e despilfarro.  Ergamos a nosa voz contra quen non respecta as  normas da democracia e, por riba das nosas  ideoloxías,   salgamos á rúa pra amosar o noso desacordo con quen maltrata  o concello.  Ourense,  meréceo.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas