Abrindo un novo camiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Non hai moito tempo Iñaki Anasagasti, no Foro que organiza o xornal La Región, falaba da vinculación de Castelao cos dirixentes nacionalistas vascos. Lembraba as conexións que había entre o PNV e o Partido Galeguista e, como non,  falaba tamén  do libro Sempre en Galiza onde, o rianxeiro universal, deixou moitas reflexións e opinións  que, a día de hoxe, están moi  vixentes. Logo, pra rematar  o acto no Marcos Valcarcel,  afirmamaba que,  Galicia precisaba un partido nacionalista moderado que, sen estridencias, berros e pronunciamentos sobre  cuestións alleas a esta terra,  captase a esencia e os problemas que  precisan arranxar  os galegos pra mellorar a autoestima e finalmente afrontar as graves  carencias  que temos  como comunidade.

Pois ben, na  xornada festiva  deste  25 de xullo, tratando de seguir a estela do galeguismo histórico, un grupo de xente vinculada o recén nado   PG,  Partido Galego, xuntouse en Allariz nun xantar de irmandade. O obxectivo era celebrar o día da patria compartido experiencias, ideas e recollendo propostas, pra logo  seguir camiñando e implantando o proxecto en toda Galicia. Pola tarde despois do xantar  a axenda levounos a  visitar o  cimenterio onde están os restos de Vicente Risco e posteriormente a fundación deste ilustre persoeiro. 

No transcurso da xornada analizouse a situación do nacionalismo galego e chegouse á conclusión de que,  a teoria dos vasos comunicantes sempre funciona nos distintos procesos electorais.  Esta teoría poderíase resumir  en que,  os trasvases de votos sempre se fan  entre as forzas alcumadas progresistas;  mentres, o caladeiro de votos da dereita sigue practicamente intacto. Polo que, de non existir  unha forza política que practique un nacionalismo práctico e pracmático e  que sexa capaz de conectar cun sector social moi amplo desta sociedade,  o cambio político nesta terra será unha tarefa moi dificil de levar á realidade.

O galeguismo ou se prefiren o nacionalismo galego,  se quere darlle froitos a esta terra, ten que  poñerse  a traballar na Galicia real e, dende esa realidade  afrontar as situacións que  son pouco menos que crónicas. Ten que fuxir de imposicións e referencias a paises con  ideoloxias que eiquí non son aceptadas e pasar a facer unha política práctica e amabel.  E ten que facelo dende unha optica  que lle permita despoxarse de ideas e posturas mal chamadas liberadoras, autodeterministas e arredistas.  Tamén ten que deixar de  xustificar modelos de países que nada pintan no contexto mundial. Claro, a  non ser que, no fondo acariñe  e agoche esas ideoloxías que,  baixo o prisma da igualdade teórica,  so empobrecen os pobos que as poñen en marcha.  O nacionalismo galego vixente,  aínda que hoxe ten uns resultados importantes, de non mudar rotundamente a situación na que está, non deixará de ser  sempre  unha  muleta de forzas estatais.

En fin,  as verbas  do ex- senador Anasagasti e a idea do galeguismo práctico e pracmático,  animaron un novo   intento de  abrir un camiño  que, sen  ataduras ideolóxicas,  xunte   ás xentes e colectivos que traballan nesta terra,  para ser  ser unha boa  ferramenta   pra  autogobernarnos  plenamente.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas