Resolución do Alcalde de Carballiño para o Persoal Municipal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Alcalde Paco Fumega dictou onte pola maña unha Resolución sobre as Medidas para a Actuación do Persoal. Para aclaralo usa mascara por prescripción médica, non porque teña privilegios. O estar en contacto con moita xente en sitios pechados ten que usala obligatoriamente. Se o ven pola rúa anda xa sin ela

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

RESOLUCIÓN NOVO PROTOCOLO/INSTRUCCIÓN DE MEDIDAS PARA A ACTUACIÓN DO PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO DO CONCELLO DO CARBALLIÑO DIANTE DA PANDEMIA DO CORONAVIRUS (COVID-19)

Facendo uso das  competencias que me  son propias,  por  resolución ditada o 16 de marzo de 2020, aprobase un Protocolo/lnstrución mediante o que se adoptan as medidas de actuación para o persoal municipal do Concello do Carballiño, como consecuencia da evolución da pandemia do coronavirus COVID 19.

O Goberno de España declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID 19, mediante o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, publicado no BOE núm. 67 da mesma data. A Xunta de Galicia  acordou declarar a situación de emerxencia sanitaria no territorio  da comunidade  autónoma de Galicia e activar o Plan Territorial de emerxencias de Galicia (Piaterga), acordo que se publicou no DOG núm. 50 bis, do 13 de marzo

Dada a evolución da pandemia e o conxunto de resolucións adoptadas palas autoridades competentes, faise preciso aprobar un PROTOCOLO/INSTRUCIÓN, que contemple as medidas que rexerán as actuacións do persoal empregado público do Concello do Carballiño, para contribuír á contención da enfermidade, garantindo ao mesmo tempo o mantemento da prestación dos servizos públicos esenciais.

A  Comisión  Municipal de  seguimento da  crise  estará formada  polo alcalde e os concelleiros/as, palas autoridades sanitarias locais, polos xefes da policia local, o Grupo Municipal de emerxencias, os bombeiros e protección civil, e polos responsables dos servizos administrativos, económicos e informáticos do concello.

De conformidade co exposto, ACÓRDASE:

Primeiro.  A atención á cidadanía, con carácter xeral, canalizarase a través do servizo telemático e telefónico. Os servizos de Rexistro e Atención Cidadá funcionarán  só por medios telefónicos e telemáticos. Non se poderá acceder por parte da cidadanía ás oficinas dos diversos servizos municipais, estando  operativos  os  teléfonos  dos  distintos departamentos considerados necesarios. En caso de que non se dispuxese de medios telemáticos e para supostos de urxencia, o concello atenderá presencialmente previa citación de cita telefónica, en horario de 9 a 14 .

Os servizos administrativos municipais funcionaran a porta pechada de 9 a 14 horas, con servizos mínimos que serán fixados polo concelleiro responsable da súa área:

Policia Local e Servizo municipal de Emerxencias e Protección Civil continuaran coa prestación dos respectivos servizos de xeito ordinario, suxeitos as disposicións emanadas do Goberno de España e da Xunta de Galicia.

Servizos sociais municipais: Dado o seu carácter asistencial quedaran suxeitos no desenvolvemento do seu traballo aos protocolos establecidos polos/as responsables da área, potenciando o teletraballo

Conserxería municipal

Estatística (Padrón Municipal de Habitantes)

Rexistro de entrada municipal e portelo único Secretaria Xeral

Intervención municipal: xunto con Tesouraría levará a cabo os temas relacionados coa suspensión do cobro de taxas, asó como todos aqueles fraccionamentos de taxas, impostas, etc que fose preciso levar a cabo para os sectores  económicos  afectados  pala  crise  sanitaria  osasionada  polo coronavirus.

Tesourería (pago a proveedores) Departamento de informática

Departamento de obras, vías e espazos públicos

Departamento de electricidade. Cemiterios e espazos públicos.

Os/as empregados/as municipais que acudan a prestar estes servizos deberán realizalo en dias alternos, polo que se organizarán quendas polos/as xefes/as de servizo.

Segundo.  Todos  os empregados públicos cuxas funcións permitan o seu desenvolvemento a distancia, prestarán o servizo dende os seus domicilios na modalidade de traballo non presencial. A tales efectos, a administración facilitará  fórmulas  de  teletraballo  ou  de traballo  a  distancia.  sempre  que o permita a dispoñibilidade técnica.

Terceiro. Todos os empregados públicos que realicen funcións que non se poidan desenvolver mediante o traballo non presencial deberán permanecer nos  seus  domicilios,  quedando  as  súas  actividades  suspendidas temporalmente, salvo que desempeñen funcións de carácter esencial. Este persoal deberá estar localizables e acudir presencialmente aos seus lugares de traballo cando  o desempeño  das súas funcións así o esixa ou determine o persoal   directivo   (concelleiros/as-delegados/as,   directores/as   de   área  ou xefes/as de servizo ), nos horarios que se concreten e nos turnos establecidos de remprazo de compañeiros

Cuarto. En todo caso, considéranse servizos de carácter esencial os mercados  municipais, os  servizos  relacionados  coas tecnoloxías  da información e a comunicación, os cemiterios, a limpeza viaria e a recollida de lixo; os servizos de benestar social e atencións ás persoas vulnerables; a seguridade cidadá (policía local, bombeiros e proteccións civil) así como a atención cidadá e todas aquelas consideradas necesarias para garantir a continuidade dos servizos públicos esenciais. Tamén se consideran funcións esencias  as  desempeñadas  polos  membros da  Corporación, e  as persoas titulares da Secretaría Xeral, Intervención Xeral, Tesourería e xefes/as de Servizo

Quinto. Naqueles casos en que as funcións de carácter esencial deban desempeñarse presencialmente, a respectiva concellería-delegada establecerá as quendas necesarias para garantir a prestación do servizo e minimizar ao máximo o risco de contaxio laboral, arbitrando medidas organizativas para a protección da súa saúde e reordenando os espazos. Tamén se facilitará que o persoal con menores ou persoas maiores dependentes ao seu cargo poida atendelos.

Sexto.- Todos os empregados permanecerán localizables e deberán reincorporarse  aos  seus postas  de traballo de  forma  presencial se  así  se require por necesidades do servizo.

Sétimo.- En aplicación do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos desta administración municipal e do conxunto das entidades do sector público municipal. O cómputo de prazos reanudarase no momento en que perda vixencia este acordo ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo. No mesmo sentido, en relación cos procedementos do Concello do Carballiño e do sector público municipal quedan suspendidos os prazos de prescrición e caducidade en execución do previsto no devandito RO 463/2020.

Oitavo.- Medidas xerais para protexerse do coronavirus. As principais medidas para protexerse da infección do virus son as seguintes: – Lavar as mans frecuentemente con auga e xabrón ou utilizar unha solución hidroalcohólica. – Evitar tocar os ollas, o nariz e a boca. – Ao tusir, cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado. –

Continuarase dando traslado a todo o persoal da información existente sobre o virus, as vías de transmisión e as medidas de prevención individuais que convén  tomar, facendo especial  fincapé  nas medidas hixiénicas (poñeranse  carteis   informativos   tanto  para  o  persoal  como  para  os/as visitantes). – Estableceranse quendas de traballo para minimizar o tempo de exposición do persoal que teña que acudir presencialmente ao seu pasto de traballo

Manterase a distancia mínima dun metro en xeral e evitarase o contacto físico. – Manterase o reforzo da limpeza das instalacións, especialmente as zonas susceptibles de transmisión do virus, con produtos desinfectantes. – Potenciarase a subministración dos elementos necesarios para a hixiene do persoal (xel hidroalcóholico e xabrón).

Noveno.- Sintomatoloxía da enfermidade. Os síntomas máis comúns da enfermidade  polo  coranovirus  son  febre,  tose,  dificultade  respiratoria  ou dispnea. Se os síntomas aparecen no seu domicilio, ola empregado/a público/a parase en contacto co 900 400 116, non acudirá ao centro de traballo e comunicará á súa unidade e ao Departamento de Saúde Laboral (Sotelo).   É obrigatorio que ola empregado/a público/a traslade ao seu superior xerárquico e  ao  Departamento  de  Saúde  Laboral  as  pautas  que  lle  marcasen  as autoridades sanitarias co fin de poder adoptar, de ser o caso, medidas preventivas.

Se  os  síntomas  aparecen  no  pasto  de  traballo,  ola  empregado/a público/a deberá informar inmediatamente ao seu superior xerárquico e ao Departamento de Saúde Laboral, trasladarase inmediatamente a un espazo pechado (preferiblemente, un despacho pechado con ventá) e parase en contacto co 900 400 116 para adoptar as medidas que indiquen as autoridades sanitarias.

Os   responsables   do   persoal   das   unidades   afectadas  ditarán   as instrucións  necesarias para que se proceda a ventilar ben o despacho e as zonas onde estivo a persoa que presentou síntomas, e limparanse e desinfectaranse as zonas coas que ola traballador/a estivo en contacto. O responsable das unidades afectadas deberá elaborar unha listaxe de persoas e zonas coas que a persoa afectada tivera contacto, e remitilo ao Departamento de Saúde Laboral do concello.

Respecto ao resto de empregados públicos que compartiran espazo de traballo coa  persoa  que  puidera presentar síntomas da enfermidade, adoptaranse as medidas preventivas que fixe o órgano competente na xestión desta crise sanitaria

Décimo.- Persoal especialmente sensible. Adoptaranse medidas para que o persoal especialmente sensible se poida ausentar do posta de traballo, no caso de  que  forme parte dos servizos esenciais que requiran presencia física, entendendo  por persoal especialmente sensible o seguinte: – Empregados/as públicos/as con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas. – Empregadas públicas embarazadas. – Empregados/as públicos/as con  fillo/s  menores  de  idade  ou  con  persoas  dependentes  ao  seu  cargo. Igualmente, incluiranse neste colectivo aqueles/as empregados/as públicos/as que se determinen en atención ás súas circunstancias persoais.

Undécimo.. Reunións. Quedan suspendidas tódalas reunións agás as que sexan expresamente autorizadas, por razón de urxencia o interese xeral, pola Alcaldía-Presidencia ou concellaría delegada de Réxime Interior.

Duodécimo.-. Estas medidas de carácter extraordinario terán a duración imprescindible para dar resposta á situación que motivou a súa adopción e poderán ser revocadas por necesidades do servizo e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias.

Décimo terceiro.   A presente resolución,  comunicarase ao conxunto do persoal empregado público