O PP de Castro Caldelas presenta unha denuncia ante a Xunta Electoral Provincial polo procedemento de emisión e recollida de voto por correo.

O Partido de Popular de Castro Caldelas presentará a primeira de mañá, venres 26 de maio, unha denuncia ante a Xunta Electoral Provincial polo procedemento de emisión e recollida de voto por correo neste concello.

Os populares demandarán nesta denuncia que a Xunta Electoral Provincial se dirixa á Oficina de Correos Provincial de Ourense para confirmar as sospeitas de irregularidades no servizo postal desta localidade durante o actual proceso electoral.

AVANTAR ACTIVIDADES

Asemesmo, no caso de confirmarse estas supostas irregularidades, os populares solicitarán á Xunta Electoral Provincial que non remita eses votos ás mesas electorais deste concello, e que os custodie ata que haxa unha resolución xudicial en firme ante a suposta comisión dun grave delito electoral.