Arroutadas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

Cando o sentimento o invade todo; cando ocupa moito espazo na nosa mente;   a razón  queda sometida ós caprichos e ós vaivens do acontecer  e danse pasos que logo son como arroutadas  das que  axiña nos arrepentimos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O certo é que os gobernados,  amigos da  crítica  sen mais,  teñen a tendencia, sen pensalo moito,  a   dar solucións, consellos e machacar con teimeza a quen exerce o poder e, maiormente, facelo  sen razonar e meditar o  que se di.

Un compañeiro, certo día díxome: como vin  que no Concello todo camiñaba mal, votei  a fulano coa idea de que, polo menos, denuciase o que alí se facia, mais non pra que fose o mandamais, pois xa sei que non é o mellor pra cidade. E mira o que fixen:  unha arroutada. Supoño que casos sememllantes hai algúns máis.

Vivimos un tempo, no que as novas e con elas as trolas e medias verdades condicionan e moito  a nosa maneira de actuar. A verdade é que estamos un chisco cansos de vivir nunha sociedade que camiña á velocidade de vértigo e non nos deixa tempo pra pensar con sosego e racionalidade. O día a día non  nos deixa valorar as cousas e pensamos que pra todo nós temos a solución, cando descoñecemos a complexidade dos asuntos que nos afectan.  Todo camiña a présa e todo,  en dous días, xa esta fora de tempo. Ou sexa: é  antigo. E seguindo a velocidade e o  camiñar da vida diaria, os que nos queren guiar, controlar e enganar,  pra que lles prestemos atención,  lanzan mensaxes curtas pero moi directas que teñen  un efecto esnaquizador. Mensaxes que asumimos e facemos nosas aínda sabendo que o que pretenden é trexiversar o seu significado.

Na campaña madrileña estas mensaxes  foron claves  pra convencer a milleiros de votantes. Desta maneira a verba Liberdade   tivo  un grande  protagonismo pois, xugouse con ela asimilándo ser ceibe a tomar unha cervexas  ou facer o que a un lle pete e  cando lle pete.  E iso non é liberdade, se a caso é libertinaxe. As imaxes que vimos en Madrid e noutras cidades pra festexar o fin do estado de alarma son unha boa mostra. Tal mensaxe soamente afectou ao sentimento, pois estaba fora de toda  racionalidade, dado que neste estado están garantidas as liberdades pola constitución. Máis funcionou. Anulado quedou, como debera ser,  pedir contas polo que se fixo en dous anos de goberno; saber  o que se pretendía facer nos dous anos restantes de mandato, etc. Todo quedou esquecido a prol desa ansiada liberdade.  Co que a gañadora recibiu un voto como se fose unha  carta en branco pra facer o que lle pete neses dous anos restantes. E sendo isto así,  despois do fragor da campaña electoral, a pregunta  está servida:  parece racional que  a día de hoxe se vote  sen ter unha idea do que se vai facer coa nosa vontade?  Hai moitos anos  pensei que nun réxime como o que temos a xente  sería mais esixente e sensata;  mais  vexo que coa democracia neste eido pouco melloraron as cousas.  Xa sei que hai quen vota por ideario partidario e o seu voto non vai mudar pase o que pase. Mais tamén sei que hai quen vota sen meditar moito o que fai, e logo cando ve o que acontece crítica,  cara a fora a quen lle deu o seu voto.

Cando os sentimentos  se antepoñen á razón, os  argumentos  carecen de peso, e entón  corremos o risco de facer arroutadas e meter a pata ate o fondo. E o malo desas decisións é que, ó final,  todos temos que aturar os  desgobernos como o que temos na cidade das burgas. E  despois, xa non vale queixarse.