Marina Ortega urxe á Xunta a cubrir a baixa do médico de Leiro

o grupo socialista urxe á xunta a cubrir a baixa do médico de leiro para garantir os dous facultativos no centro de saúde

Marina Ortega alerta de que “máis que nunca é fundamental blindar a sanidade pública para mellorar a seguridade da cidadanía fronte ao virus”

AVANTAR ACTIVIDADES

A parlamentaria socialista Marina Ortega vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que cubra a baixa laboral do facultativo de atención primaria do Centro de Saúde de Leiro. Advirte de que a baixa dun dos dous facultativos de Atención Primaria cos que conta o centro ten reducido considerablemente a calidade da sanidade pública da localidade en plena pandemia.

A responsable socialista reclámalle á Xunta que “garanta as dúas prazas neste tipo de casuísticas, así coma baixa laboral, vacacións ou xubilación”. Apunta que “máis que nunca é fundamental blindar a sanidade pública para poder mellorar a seguridade da cidadanía fronte ao virus”, o que pasa polo reforzo da atención primaria.

Ortega sinala que a ausencia do médico, que actualmente segue sen estar cuberta, provoca “consecuencias negativas evidentes para a cidadanía de Leiro, tendo en conta que se trata dunha poboación cun índice de envellecemento alto e dentro dun contexto de pandemia que o fai aínda máis preocupante”.