Exposición pública do expediente do proxecto da obra de saneamento da rúa Aldea de Arriba, en Dacón

Publicase hoxe no BOP :

Exposición pública do expediente do proxecto da obra denominado “Proxecto básico e de execución para saneamento, humanización e pavimentación da rúa Aldea de Arriba, en Dacón”

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha vez aprobado pola Xunta de Goberno Local deste concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 21 de xuño de 2021, o proxecto da obra “Proxecto básico e de execución para saneamento, humanización e pavimentación da rúa Aldea de Arriba, en Dacón”, cun orzamento de 48.000,00 €, redactado polo enxeñeiro técnico agrícola Demetrio Espinosa Mangana, colexiado núm. 84, exponse ao público na secretaría do concello durante o prazo de vinte días contados a partir da súa publicación no BOP, para exame e presentación de reclamacións por todas as persoas interesadas.

BOP Premer na Imaxe