e Ourense, existe?

Manuel Herminio Iglesias


Hai uns días o presidente da Asociación de Seixalbo publicaba un artigo falando da cidade e a provincia e, afirmaba que daba a sensación de que,  cada día que pasa, voltávamos ao medievo.  Ou sexa; que o retroceso en Ourense  é tan evidente que camiñamos  cara atrás  no canto de ir pra mellor.  Pois ben, escoito nos medios informativos que o Sr. Feijoo, presidente da Xunta, convida a todas as administracións e forzas políticas pra facer un acordo pra salvar Ferrol e a súa comarca;   pois, segundo dixo, nestes últimos 40 anos perdeu trintamil habitantes. O nome escollido seica é Ferrol tamén existe. O que ven a ser algo semellante o que xa se fixo noutra provincia do Estado.  E diante esta nova, un comenza a pensar  e a darlle voltas a cachola, e conclúe: Pero se na nosa cidade e provincia, ou sexa Ourense,  dende a chegada da democrácia perdéronse  80.000 habitantes. Sí, oitenta mil, que son moitos. Razón pola que  somos a provincia galega máis castigada coa emigración a outras partes do Estado e fora del. E polo que se ve, nin o señor provincial, o que marca a liña a seguir no pretendido  feudo, nin o Sr. Feijoo e todos os demais  que gobernan se enteran desta situación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense perde empresas, pechan pequenos e medianos comercios e  nada novo no eido empresarial anima a frear iste deterioro permanente.  Ademais do dito, carecemos de  lideres políticos que  poidan  revertir esta situación e levar a a provincia a  bon porto.  Polo que augúranos  un futuro escuro e tristeiro para estas terras do interior.  E se as  carencias provinciais lle sumamos que na cidade, principal motor e espello pra o resto do feudo,  todo camiña de mal en peor e está no máis escuro desleixo, sabemos que vaise cumplir  o que dixo presidente da Xunta referíndose á cidade:  “Jácome será letal para Ourense”    Polo que   o futuro que nos espera é máis negro co chapapote. 

Vivimos un tempo de decadencia no que, nesta cidade e provincia, os cidadáns asumiron  a derrota, como se fose unha maldición da que eles nada fan pra saír. Outra pandemia máis  contra a que  nada podemos facer.  E non debera ser así. Se  hai tempo que  como provincia  renunciamos a pintar algo dentro do panorama político galego. Penso que haberá que reflexionar e rebelarse contra deses meigallos que nos pretenden afogar.   Do contrario,   seremos  unha terra doente  semellante a aquil  enfermo que vive esperando a morte asistida  e confórmase   con  ter  coidados  paliativos.

No centenario da xeración Nós, estamos nunha encrucillada na que a falla de rebeldía e de certo orgullo, está a cronificar unha  situación que no afoga. E  aínda que vemos como todos os índices sociais  desta provincia, día a día, van a peor non se percibe ningunha reacción por parte dos gobernantes nin dos entes que conforman o tecido social desta provincia.

Por iso, a pregunta está cantada: E Ourense existe; ten vida de seu; aspiramos a algo os ourensás pra mellorar o futuro dos nosos fillos e netos? A terceira cidade galega, por número de habitantes,  morre lentamente, e naide parece enterarse. Amigo Carba camiñamos , como tú dis, cara o medievo. De pena.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas