Os que pasan á historia

Manuel Herminio Iglesias


Os acontecementos sobor da guerra  derivada da invación de Ucrania tráenme á memoria os tempos da escola. E lémbranme   cando se falaba de que tal rei ou xefe de estado fora moi bo, pois conquistara tal ou cual pais e fixera máis grande  ó seu imperio. Dos demais,  daqueles outros que non fixeran guerras e non conquistaran ren,  non se falaba. Non tiñan categoría,  pois  non anexionaran  ningún pais ou nación,  polo que sempre  eran esquecidos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Co paso dos anos  a realidade social foime sinalando que as cousas  non son  como as pintaban e contaban  naquela escola triste e autoritaria. A política da forza e da conquista polas armas era a que mandaba e a que se predicaba dende o réxime; era   a que se  inpartía na maioría dos centros de ensino. A miña compañeira e muller cóntame  que no colexio da cidade onde cursaba o bacherelato,  un profe moi coñecido que xa finou, facíalle a seguite pregunta ás alumnas: “Que le diría Franco a Hitler para que no nos invadiera España como lo hizo con ontros paises de Europa.” Pois ben, diante esa pregunta,  todas as rapazas da clase quedaron caladas. E digo eu, que lle iba dicir: pois que era o seu aliado. Ou sexa: outro admirador daquel réxime noxento de asesinos. Pois neses tempos e nesas escolas era nas que sempre se falaba deses grandes conquistadores que arransan os países pero que pasaron á historia como grandes heroes.   Mais, os anos, e sobor de todo,  o tempo que  vivirmos  en liberdade,  trocou a  forma de ver a vida e impuxo unha visión  moi distinta  a da película que nos contaban daquelas.

Agora, cando o principio de soberanía dos paises esta recollido na carta das nacións unidas  ONU, e cando  desapareceron os bloques ideolóxicos con modelos distintos na economía,  rexurde da man dun autócrata como Putin un serio perigo para o mundo das liberdades;  e o comcepto de soberanía das nacións e dos estados ponse en cuestión coa invasión de Ucrania.

Polo tanto, a pregunta que a moitos nos ronda na cachola,  e a seguinte: cando o sistema económico e igual en todas as partes do mundo, cal é o motivo desta deriva que pon en cuestión e ameaza ás democracias europeas?

A resposta é complexa, pero a amenaza real. No fondo,  son dous elementos  os que se xuntan e actúan á vez coodenadamente. O primeiro é tentar acadar o control das enerxías que hoxe son básicas pra mover a economía e por extensión o mundo. A segunda o afán de voltar ás fronteiras  que antes tiña o Telón de Aceiro. Ou sexa: a Unión Sovietica. Dito doutra maneira, Rusia quere manter baixo o zapato ós estados que pertenceron ó  réxime comunista.

Hai uns días finou o pai da Perestroika. E o desprezo con que Putin o tratou é un indicativo de que, pra este autoritario gobernante o seu legado foi moi negativo pois con el desintregoruse  a chamda Unión Sovietica.

Vivir en democracia, aínda que esta teña as súas eivas, é  moi complexo e delicado. Europa leva  dende o ano de 1944 un periodo de paz no que se acadaron moitos obxectivos que redundan no nivel de vida dos países  e das xentes que neles vivimos. Hoxe, por mor da guerra, promovida polo autócrata Putin e  apoiado por China,  vense nubes escuras que anuncian tempos  incertos. Con todo o acontecido, esperemos que escampe e que a enerxía non se convirta nunha arma de guerra como xa acontece.  Por elo,  é preciso que á historia pasen os que gobernan pra acadar mellor nivel de vida;  que  pasen os que respetan os  dereitos humanos, os paises e as fronteiras,  e non os conquistadores que invaden e eliminan a soberanía dos outros co afan de  que  historia os lembre como grandes gobernantes.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas