Comunicado da Deputación

IES CHAMOSO LAMAS

Os servizos xurídicos e a Secretaría Xeral da Deputación avalan os procedementos realizados no concurso interno de persoal de 2016

Os servizos xurídicos e a Secretaría Xeral da Deputación de Ourense avalan os procedementos realizados no concurso interno de persoal do ano 2016. Neste sentido, a Secretaría Xeral afirma que non houbo no devandito concurso ningunha promoción interna senón un cambio de posto de traballo, pero sen ascenso na categoría ou grupo profesional, e que en todos os casos tratouse de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo xa pertencente á Deputación.

HIPER MASIDE

O único motivo polo que se anularon as bases foi a previsión nas devanditas bases de que para participar no concurso era necesario pertencer aos corpos, escalas, subescalas ou categorías profesionais establecidos na RPT da Deputación para cada posto. Ningunha das resolucións xudiciais formula tampouco reproche algún a ningún outro aspecto das bases. En particular, non se advirten ningún defecto no baremo de méritos que serviu para elixir os adxudicatarios dos postos de entre os solicitantes.

No seu día, a Deputación de Ourense foi a primeira de España en poñer en marcha un ERE e realizou axustes dun 40 % do seu persoal en oito anos, en liña coa defensa de seguir mellorando a eficacia na xestión e o equilibro nos seus recursos humanos.