Un home feito de cartos

Publicidade ASPADISI

Manuel Herminio Iglesias


Estouno vendo. Na súa cachola soamente hai espazo para os cartos. É a súa matería prima. E como os euros e os dólares ocupan todo o espazo no seu corpo, pois outras cousas non pode  entrar nos seus  miolos. Polo tanto, non hai lugar para a sembilidade social, nin para as mostras de empatía cós milleiros de almas que viven día a día na precaridade. Non. Soamente hai espazo para os millóns que, ó fin e o fallo,  son os que alimentan o seu espírito, son a súa alma e a razón da súa existencia vital.

HIPER MASIDE

As declaración dese señor, que é o presidente dunha compañía electrica,  ergueron unha xeira de comentarios nos que, a pesares das disculpas que deu a empresa,   califícano  de  insensible e pouco menos que un ser feito pra amosar o poder do diñeiro  e o que deso se deriva.

O malo e que destes poderosos que gañan millons de euros ó ano  e nos  chaman tontos os consumidores, hai moitos máis. Sí,  moitos que  so fan rirse do común dos mortais; que viven, ou mellor, que vivimos facéndo numeros pra chegar a fin de mes sen débedas e así ir tirando.

Esto é o que lle acontece ás persoas que somamente ven números e cartos no seu camiñar pola vida. Lembro que un día escoiteille a un destes persoeiros o seguinte: a ética e a sensibilidade coa masa social,  non da de comer.  Hai un par de meses, tomando un café nunha terraza desta Auria, unha rapaza achegouse toda chorosa pedíndome unha axuda pra poder pagar o tren e volver ó Barco de Valdeorras. Pregunteille por que pedía axuda. Díxome que unhas persoas a enganaran pra vir a Ourense e que logo a deixaran tirada;  e que quería volver pra súa casa. Dinlle unha moeda e marchou. Un empresario importante que estaba na mesa do lado tomando café,  de súpeto díxome: mal feito, a esta xente non se lle pode dar ren.

Non lle respostei, pero si o recoñecín. E agora  co asunto do  presidente de Iberdrola veume á memoria o daquela rapaza, pois  vexo   certa conexión co desprezo que lle fixo ós consumidores o  xefe da electrica aludida. Polo que parece  que a xente de negocios esta tan obsesionada co tema dos cartos que, moitos  carecen de semsibilidade e, meten no mesmo saco, ós profesionais da esmola, e as persoas que non o son. E a adolescente  non era dese ramo.

Ben sei que todos os empresarios non son así, e cóstame crer que o que me reprochou darlle unha moeda á rapaza tampouco. Pero tamén son dos que penso que ninguén sae a pedir esmola  se non ten unha perente necesidade.

De todas maneiras, vexo unha relación moi forte entre  ser duro e non darlle cadela a ninguen sen recibir beneficions a cámbio. E esto lémbrame  a novela do Porco de  pé de Vicente Risco, pois anínda hai moitos porcos de pé  que andan  a pulular por esta cidade.

En fin, as declaracións do mandamais  actual desa compañía electrica que seica gaña 13 millóns de euros ó ano,  desafinan e rínse de milleiros de de cidadáns que vivimos día a día. E tamén cantan por seren unhas declaración que minusvaloran as intencións e accións do goberno. Accións  que, dalgunha maneira, tentan palíar o abuso desas electricas dás que o interdito forma parte. Remato: cando unha persoa so é froito dos cartos; cando so pensa en números e carece de empatía e sensibilidade co resto dos humanos; cando  non ve outra cousa mais que beneficios, pasa a ter a categoría dos animais pouco racionais e avaros que logo serán, porque tamén morren,  como di o meu amigo Carballido, os máis  ricos do cementerio.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas