Tempo de lecer e refexión.

Manuel Herminio Iglesias


Lembro que nas clases de filosofía o profe  afirmaba que, pra poder reflexionar e filosofar, había que estar nun estado semellante á folganza. Ou sexa: non estar obligado polo traballo. O obxectivo era   distanciarse das cousas ordinarias e ver a vida dende unha  perspectiva distinta pra facer propostas razonadas ós problemas humanos

AVANTAR ACTIVIDADES

E seguindo a premisa  de  distanciarme da ideoloxía partidaria e mirar a realidade  social dende unha fiestra distinta,  vexo a sociedade  de hoxe como unha masa social  moi manipulabel que actúa, máis que pola razón, pola forza dos  impulsos; que valora máis  o lecer máis banal que o esforzo individual e colectivo, e todo elo  sen decatarse das consecuencias que deso se derivan.

Desta maneira vexo que diante as calmidades da guerra, neste caso de Ucraina,  e das súas consecuencias, por estar moi distantes do conflito, caemos no erro en menosprezar o que pode devir pra occidente se a razón do máis forte se impón. Ou sexa: a teoría da destrucción fronte a do dereito internacional;  a da imposición fronte a da  liberdade dos pobos a elexir o seu destino. De ser esto sí parece que a sociedade non se decata de que, no mundo libre, podémolo  pasar moi mal se a liña da forza se impón fronte a da razón e fronte a defensa  dos dereitos humanos.

Vexo tamén que neste noso Estado a ausencia de ética e de principios, permítelle a algúns privilexiados   facerse de ouro a costa do sofrimento dos demais. Un rapaz de familia ben,  dixo que é  perfectamente legal dar pelotazos e gañar cartos por facer de intermediario pra mercar tapabocas nun tempo cando morria xente a esgalla. Isto  implica santificar os fraudes económicos como o que  fixeron na comunidade de Madrid durante a pandemia.

E seguindo iste camiño,  tamén percibo que, no eido máis proximo que é a nosa cidade, as mentiras na política son o caldo de cada día. Pois en Ourense Jacóme colgase medallas mentres insulta ós copañeiros que o manteñen na poltrona. E pregoa  que  é o que ten as ideas; que  é o que fai todo e que é o que arranxa todas a cousas que están mal. Vamos, que temos un alcalde que falando é un crak  e contando trolas  tamén. 

E  neste contexto  titiriteiro, que é no que se convirten os plenos en Ourense,   iste señor   anima  a que outros denuncien ós concellais da oposición. O asunto   é desfacer á oposición.

As cousas  no noso día a dia son asi de retortas. Mais hai quen por unha pequena subvención axeónllase e fai o traballo  escuro que lle mandan e,  pola contra,  hai quen seguindo os seus principios  marcados por unha ética non denuncia  e deixa pasar que lle  chamen matón e macarra.

En fin, o profe  dicia que pra filosofar había que distanciarse dos problemas e velos dende unha optica distinta. E  agora que estamos no que foi un tempo de reflexión cristiana, digo foi, pois hoxe en día é un tempo basicamente de lecer con certo grao de folclorismo, e nalgúns casos histérico, pode ser un bo momento pra meditar sobre a situación da humanidade e  pensar como actuamos no día a día todos.

Ben sei que, despois de dous anos case pechados, precisamos saír  cheirar as flores e ter contacto coa natureza. Precisamos falar uns cos outros vernos e falar. Maís iso non é impedimento pra que, dalgunha maneira, fagamos unha autoexploración de como actuamos na vida, e  miremos ó noso arredor pra decatarnos de distinguir   na politica o grao da palla. E se é posibel arredar de nos os fanatismos desa xente que so ve a súa verdade, e que son os que ameazan a sociedade das libertades que hoxe temos.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas