Llegó la mami….

Manuel Herminio Iglesias


“Llego la mami, La reina, la dura, una Bugatti. El mundo está loco con este party. Si tengo un problema no es monetary. Yo vuelvo loquito a todos los daddies. Yo siempre primera nunca segundary. Apenas  hago doom, doom, Y le tengo dado zoom, zoom, por Miami…”

AVANTAR ACTIVIDADES

A letra da canción que gañou para representarnos en Eurovisión amosa claramente que, o festival onde se elixiu,  camiña ano tras ano facendo  gala dun   espectáculo  que, por moita audiencia que teña, leva rumbo da despersonalización onde  cópiase todo o  que que ven  de fora  das nosas fronteiras, e onde se  ignora, a posta, a  diversidade cultural que existe  no Estado.

O primeiro que hai que subliñar é que iste tipo de festivais dende que, por aforrar cartos, eliminaron a música en  directo, optando   polo que está  gravado, perderon  toda emoción e a calidade que tiñan  antano. Ademais dende que incorporaron as coreografías como algo fundamental, a música e os textos perderon espazo e  camiñan nunha decadencia absoluta, pois  pouco teñen que ver coas letras  e músicas  que se presentaban nos anos setenta e posteriores e que aínda lembramos.

Dito isto, a primeira crítica que se lle pode poñer a cantiga gañadora,  é a carencia dunha letra que diga algo e que teña unha mensaxe que non sexa banal. Pois é un texto pueril que non ten sustancia e que, por riba,  está cheo de alusións ó físico e o movemento  do  corpo como forma  de atracción  e  ten unha clara alusión a  provocar actitudes machistas. Ou sexa: unha cantiga, se se lle pode chamar así, sensual que ten un único obxectivo amosar o fermoso corpo  dunha rapaza e dos acompañantes.

A segunda cuestión, é a falla de sensibilidade cara as diversas linguas que hai no Estado. Polo que, si  aceptamos de bo grao  un texto cheo de barbarismos, resulta   complexo  xustificar  que  desprezemos  a diversidade cultural e lingüistica  das  das distintas partes da península.

Con todo o acontecido era de esperar. A novidade  das Tanxugueiras, aínda sen ser unha cantiga cunha melodía super interesante, foi  unha aposta novidosa que non fracasou, pois amosou xiros da nosa música tradicional. Mais,  lembran cando Serrat quería cantar en catalán o La la la? Supoño que sí.  Pois seguimos igual. A España  de hoxe  prefire  que se cante e que se chapurre mesturando o castelán con un inglés macarrónico, a  deixar que algo novo, algo   que teña un  estilo diferente e  reivindicativo a represente. Pero,  neste tema, seguimos igual que hai corenta e pico de  amos.

Moitas veces escoitei que, hai que loitar contra os complexos idiomáticos que hai no noso  Estado. E desta vez, decateime que non foi o público  quen tiña  o complexo contra os idiomas das comunidades. Pola contra quen si o tivo foi un xurado parcial e acomplexado.

En fin, non se trata de manter unha postura que vaia  contra un idioma, e neste caso o castelán, nin de amosar unha cara  victimista que non ven ó caso.  Non.

 E pra que os lectores vexan  a calidade  de parte da letra da cantiga gañadora,  amoseina ó principio deste comentario.  Felicitación a esas mulleres valentes que conforman un trío que perdeu o medo e levou unha cantiga con personalidade e díxo alto e claro: as mulleres galegas teñen unha personalidade moi definida, e  non renuncian á súa fala nin ás raíces  da  súa música.  Noraboa Tanxugueiras.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas