O Nadal da Saudade

IES CHAMOSO LAMAS

Manuel Herminio Iglesias


Ai Nadal da miña infancia  e tamén da mocidade,

HIPER MASIDE

cantas lembranzas me traes, cantos cantos e saudades.

Cantas xuntanzas pasaron onde os bos desexos saen

nas noites frías de inverno nesta casa e noutros lares.

Neste solsticio do ano as esperanzas renacen

e os desexos máis fermosos brincan ledos polo aire.

Ai Nadal cantos recordos, cantas festas familiares,

cantos so seres queridos, canta ledicia e pesares.

Nesta terra tan fermosa todos queremos cantarche

e pedimos paz no mundo, moito  amor e liberdade.

A medida que pasan  e pesan os anos  as lembranzas, para os máis maiores, nestas datas volven con moita forza. As imaxes do pasado  aparecen  na retina  e son  compañeiras  nas conversas familiares.  E aínda que levamos  case dous anos  coa  pandemia do Covid,  este  traspé axuda a  revivir tempos pasados onde non había restricións  para  esas xuntanzas. Mais, desta vez  as cousas son  doutro xeito. Con todo,  estamos no Nadal,  festa de orixe  relixiosa e polo tanto   chea de  humanismo,  aínda que  hoxe  está ateigada dun consumismo  desaforado que todo o  invade.  Pero  por moito que  critiquemos o mundo actual e tamén ó   consumismo desaforado,  a orbe  non pode camiñar si se para a roda da economía.  E iso condiciona  case todo.

Mais  como estamos a piques de rematar o ano, tamén  chega o momento do balance e tamén  de lembrar acontecementos que quedan atrás. Xa sei que o primeiro deles sempre será a maldita  pandemia que nos afoga; logo, apagado o volcán da illa da Palma e moitas novas  máis que nos lembran os medios de comunicación.  Tamén, en Ourense, onde todo camiña cara abaixo, lembraremos o ano da  chegada do AVE á vella  estación do Empalme. Estación, onde a única novidade é que fixeron un aparcadoiro de autocares.  E deste xeito  afrontamos un Nadal gris  é tristeiro  que lle dará  paso ó ano 22. Digo tristeiro pois será un Nadal escaso de concertos, de panxoliñas e, sobor de todo,  de ilusións. Dado que  nesta Auria as ilusións está moi mortas. Por iso, as lembranzas do Nadal da infancia e da mocidade. Onde, con moitas limitacións económicas,  a felicidade rebordaba, e  non había luces nas rúas pero a xente estaba leda.   Ben sei que escudarse en que todo tempo pasado foi mellor, non ten sentido. Cada época ten distintos problemas e non queda outra que vivir afrontando as diversas situacións. Máis os anos, cando chega o solsticio de inverno, pesan moito e con eles veñen as lembranzas. E neste ano que está a piques de pechar foron tantos os acontecementos  que temos que precisamos facer unha reflexión que trae varias  preguntas. A primeira é saber se seremos capaces de superar a crise de falla de ética que teñen  moitos cidadáns que nos gobernan e que contaminan ó resto da sociedade. No noso  Estado temos moitos exemplos que van dende o Rei Emérito ate o alcalde que soportamos nesta  cidade do interior galaico. Non hai ética e moi  escasa moral. A segunda pode ser a referida a: poderemos  seguir mantendo o sistema de consumo desaforado sin  esnaquizar o medio natural e o planeta no que vivimos?

A terceira deixa no aire: cando superaremos esta pandemia?   E a seguinte:   Que será do  mundo se os seus gobernantes e os poderosos medios económicos  non axudan a corrixir esta deriva  que nos leva ó desastre na humanidade?

En fin,  serían tantas as preguntas  que nos facemos  que precisamos respostas pra ser máis optimistas sobor do mundo que lle deixaremos ás xeracións vindeiras.

Con todo, aínda que o Nadal para o máis  maiores é un tempo de saudade, nunca podemos perder a esperanza e, en certa medida, vivir estas datas  como se fóramos  rapaces que xogan moi ledos  na  rúa.  Logo, deixemos o  fatalismo  que non aporta nada positivo e, por uns días,  tentemos ser  felices. Por iso neste Nadal  pedimos,  paz, moito  amor e liberdade. Bo Nadal e Feliz ano MMXXII


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas