O artista carballiñés Juan Valcarcel recibira o encargo de pintar un cadro para que presidira o vestibulo do Gran Balneario de Guitiriz.

O presidente da Xunta participou no acto de inauguración do Iberik Gran Balneario de Guitiriz & Golf.
O Gran Hotel Balneario de Guitiriz, da cadea hostaleira española Iberik Hoteis, reabriu as súas instalacións a mediados de maio, tras as obras de rehabilitación do complexo, que comezaron en febreiro de 2022 e supuxeron un investimento de 8,5 millóns de euros. A compañía acometeu unha rehabilitación integral do edificio centenario, que dispón de máis 100 habitacións repartidas nos 9.800 metros cadrados construídos.
A capela e fonte de San Juan, dentro do propio recinto, é a orixe do balneario de Guitiriz, aínda que en realidade a utilización terapéutica das augas mineiro-medicinais data do século XVII. En marzo de 1902, esas augas foron recoñecidas por decreto do Consello de Sanidade e declaradas de utilidade pública debido ás súas características.