A Aposta Galeguista

Manuel Herminio Iglesias


Pasada a data do 25 de xullo, os populares Ourensás  andan na procura de  figuras do pasado local, e tratan de convencernos  co seu descafeinado galeguismo,  de que son a mellor oferta electoral que teremos para as municipais vindeiras. Mentres un  grupo de persoas anda a  tecer os fíos pra, baixo un nome, que ben  pudera ser  Goalición Galega, xuntar a todos os grupos que entenden que, un nacionalismo centrista e progresista ten un espazo político que  deixou a desaparición  dos coagas  hai anos ó xuntarense cós populares de Fraga, todo   a cámbio duns postiños  na Xunta.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non sei cantos intentos xa levan tentando  argallar unha forza política que cubra un espazo electoral  que hoxe está nas mans dos populares. Un espazo que, os seguidores de Feijoo,  adornan  co nome de galeguismo harmónico,  a sabendas de que de galeguismo nada de nada. Viñote lle chamarían na vila onde penso, amo e sinto.  Ou sexa: o viñote, pra os que non o saiban, saía  das prensas e das borras do vagazo despois de quitar o viño bo da cuba. Pois iso é o  galeguismo descoorido  que fixo Feijoo e agora sigue  Rueda, Baltar e todos  os seus acólitos. Galeguismo  que se conforma repetir o nome  moitas veces  e darlle unha distinción anual  a un persoeiro. Mais, de tentar enfrontarse ós grandes problemas desta terra  como a  desfeita do sector primario e a vida no rural,  nada nada de nada.  O tema dos incendios sigue lastrando a esta terra igual ou peor que cando Feijoo fixo a foto da mangueiriña hai case 14 anos.

O certo é que nas conversas de xente moi cualificada e sensata, fálase de que o nacionalismo nesta terra leva anos xogando a política do péndulo. Leva anos xogando a ser o apendice doutras forzas políticas sen aspirar a nada máis.  Ou sexa: baixa a esquerda tradicional  e suben eles. Mais o graneiro dos populares  sigue case intacto. Se perde algo, logo volve a recuperalo. Ademais o nacionalismo a día de hoxe, por estar tanto tempo na oposicion sigue ancorado unicamente na denuncia e na reclamación, pero sen propostas salientabeis, pois  non asume que, pra chegar a encandilar a un sector moito máis amplo de xente,  hai que deixar no esquecemento postulados,  bandeiras e compañias   que en nada axudan a entrar nun espazo político moito máis amplo.

Recoñézo que o nacionalismo galego fixo cousas importantes; Recoñezo que é necesario.   Mais tamén vexo que non é capaz de dar o salto e soltar lastre pra chegar a todos os galegos.  E como nesas andamos, hai xente que non se conforma a seguir ise camiño e quere explorar outras vías que nunca se deberon  deixar esquecidas.

Non sei se cuallará esta iniciativa de aunar a todos estes grupos que aspiran  camiñar co galeguismo como bandeira  baixo unha siglas que tiñan un espazo político  aberto  e un  futuro prometedor. Siglas que, morto o fundador e lider, os segundarios entregaron a Fraga favorecendo todo o  que veu despois del.

Esperemos acontecementos e iremos vendo se esta opción se fai realidade.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas